O cinema galego chega a Londres a finais de setembro

A oitava edición do Spanish Film Festival de Londres, que terá lugar entre o 28 de setembro e o 10 de outubro, acolle un ciclo especial sobre Luís Tosar e varias producións galegas.

Imaxe de 'Tralas luces', documental de Sandra Sánchez
photo_camera Imaxe de 'Tralas luces', documental de Sandra Sánchez

No Festival de Cine de Londres poderán verse documentais coma Tralas luces, de Sandra Sánchez,premiado en Donosti; filmes de animación, coma O apóstolo, de Fernando Cortizo; ou a coprodución de ciencia ficción Lobos de arga, de Juan Martínez Moreno, xunto coas curtametraxes experimentais de Xacio Baños Anacos e Estereoscopía.

Por outra parte, na sección Catalan Window (tamén hai Basque Window) figura O sexo dos anxos, de Xabier Villaverde, coproducida entre Continental Producciones, CCFBR e Dream Team Concept, que se exhibirá en catalán e español con subtítulos en inglés.

O grande protagonista, con todo, é o actor de Castro de Rei Luis Tosar, do que se exhibirán varios títulos: Douche os meus ollos, Mentres dormes, Os luns ao sol, Flores doutro mundo, Casual Day ou The limits of control, de Jim Jarmusch.

Comentarios