Nacho Taibo, Escritor na súa Terra

 A concesión pola AELG da distinción Escritor na súa Terra desenvolveuse este sábado en Oleiros, onde se descubriu un monolito conemorativo e o autor plantou un carballo. Faise xustiza así a un escritor non sempre entendido.

nacho taibo Imaxe de @MercedesQueixas
photo_camera Imaxe de @MercedesQueixas

Xoán Ignacio ‘Nacho’ Taibo (Madrid, 1949) tivo este sábado o recoñecemento máis importante, o da propia casa. Un recoñecemento en Oleiros, onde residiu boa parte da súa vida; e un recoñecemento polos seus propios compañeiros e compañeiras, os escritores e escritoras, a través da AELG.

nacho taibo imaxe @bngoleiros

"Hai algo que me afecta moitísimo máis que unha crítica negativa, e é a ausencia, o silencio total", confesaba Taibo nunha entrevista recente en Sermos Galiza. Unha frase máis na que se descubría ese exilio interior no que tivo que navegar o escritor. Nun texto autobiográfico publicado na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, Taibo lamentaba o “activo rexeitamento” que suscitaba na crítica a súa obra serodia.

A viséximo cuarta edición do Escritor na súa Terra concédelle a letra E e unha homenaxe en Oleiros a este autor. Entregóuselleu o galardón Letra E (unha peza escultórica de Alejandra Sampedro), plantouse unha árbore simbólica (un carballo elixido polo propio autor) e colocouse un monólito conmemorativo. Un acto no que estiveron presentes escritores, representantes de formacións como BNG ou En Marea, así como o alcalde de Oleiros, Ángel Garcá Seoane. 

As persoas homenaxadas nestes anos:

I Edición: ANTÓN AVILÉS DE TARAMANCOS (1995). Taramancos

II Edición: BERNARDINO GRAÑA (1996). Cangas do Morrazo

III Edición: MANUEL MARÍA (1997). Outeiro de Rei

IV Edición: MARÍA XOSÉ QUEIZÁN (1998). Vigo

V Edición: XOSÉ NEIRA VILAS (1999) Gres, Vila de Cruces

VI Edición: UXÍO NOVONEYRA (póstumo, 2000). Parada do Courel

VII Edición: LUZ POZO GARZA (2001). Ribadeo

VIII Edición: XOSÉ CHAO REGO (2002). Vilalba

IX Edición: XOSÉ FERNÁNDEZ FERREIRO (2003) Nogueira de Ramuín

X Edición: SALVADOR GARCÍA-BODAÑO ZUNZUNEGUI (2004) Teis. Vigo

XI Edición: PURA E DORA VÁZQUEZ (2005). Ourense

XII Edición: MARÍA DO CARME KRUCKENBERG (2006). Vigo

XIII Edición: MANUEL LOURENZO (2007). O Valadouro

XIV Edición: XOSÉ VÁZQUEZ PINTOR (2008). Melide

XV Edición: AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ (2009). Vilalba

XVI Edición: MARILAR ALEIXANDRE (2010). Santiago de Compostela

XVII Edición: PACO MARTÍN (2011). Lugo

XVIII Edición: XAVIER RODRÍGUEZ BAIXERAS (2012). Ribadeo

XIX Edición: MARICA CAMPO (2013) O Incio. 

XX Edición: XABIER P. DOCAMPO (2014). Castro Ribeiras de Lea

XXI Edición: XOSÉ Mª ÁLVAREZ CÁCCAMO (2015). Vilaboa

XXII Edición: HELENA VILLA JANEIRO (2016). Rianxo

XXIII Edición: PILAR GARCÍA NEGRO (2017). Lugo.

Comentarios