Máis

Vilariño pon en valor o folk

A cita reivindica o patrimonio musical do país
Zeltia Irevire Capa
photo_camera Zeltia Acuña, vocalista e guitarrista de Zeltia Irevire Trío, durante unha das súas actuacións. / Rui Meireles

O festival Area e folk, que se celebra este ano en Vilariño, parroquia do Hío, en Cangas (O Morrazo) os días 18 e 19 de agosto, toma o relevo do coñecido Festival Folc de Vilariño tras vinte edicións.

A Asociación Cultural e Ecolóxica A Dema do Hío organiza  por vez primeira o festival Area e folk. Desde a organización confirmaron a Nós Diario que o seu obxectivo é "encher a aldea de Vilariño con música e espectáculos feitos no país".

Durante dous días poderase desfrutar de ritmos e acordes propiamente galegos, así como os mellores instrumentos. A cita comeza o día 18 ás 21.30 horas coa actuación de catro grupos de música tradicional: Lumieiras do Morrazo, Vacaloura Vermella, agrupación De Pé Feito e Os Palleta Mollada.

A segunda xornada do festival comezará ás 10 horas coa chamada Treboada Aberta, na que participará a veciñanza e que discorrerá por todo Vilariño cos seus tambores. A programación contempla múltiples actuacións ao longo do día. Ás 12 horas actúan os Interestelares. Deseguido, a agrupación musical As Pandereteiras de Peis d'hos animará a cita cos seus instrumentos. Esta será a última actuación da mañá.

O festival continúa a partir das 17 horas, coa actuación do Trío Motobomba (Chiringago). Apenas unha hora despois será a quenda de Belaé (O Carlete). A continuación os AsSircópatas revolucionarán o escenario co seu espectáculo teatral.

O prato forte da cita chegará ás 22 horas. Será o momento no que subirán ao escenario os grupos Zeltia Irevire Trío, SilvaRedonda e Sapoconcho sem Poncho para fechar a primeira edición do festival.

Comentarios