O galego Daniel Minimalia gaña o 'Hollywood Music Award' á mellor canción de pop/rock latino

Convértese así no primeiro artista do Estado español en obter dous premios nestes galardóns.
Daniel-Minimalia-Foto_-Cortesía
photo_camera Daniel Minimalia

O guitarrista e compositor ourensán Daniel Minimalia gañou o 'Hollywood Music  Award' polo seu tema 'Flor de Leyenda', na categoría de mellor canción de Pop/Rock Latino.

A gala, celebrada virtualmente debido á pandemia de coronavirus, dacabalo entre  Sidney e Los Ángeles, contou coa presenza de artistas como Laura  Pausini ou Justin  Timberlake, así como coa do produtor  Kc  Porter, colaborador habitual do músico Carlos Santana, e que foi ademais o encargado de anunciar o premio que finalmente recaeu en Daniel  Minimalia.

O músico galego converteuse así no primeiro artista do Estado español en obter dous premios nestes galardóns a anterior recibiuna en 2015 por Olas del Sur', mellor canción 'World'-. Ademais, a estes dous premios, súmase o  Grammy Latino conseguido por  Minimalia en novembro de 2020 co seu último disco, 'Terra', nomeado mellor álbum de música instrumental, e que o converteu no único artista galego premiado por un disco propio.

É en 'Terra' onde se sitúa 'Flor de Leyenda', o tema que a academia de Hollywood distinguiu co seu galardón anual e que contou coa participación de Esmeralda  Grao, que pon a súa voz ao primeiro tema con letra do músico ourensán.

Comentarios