A Fundación Penzol abre unha exposición sobre Luísa Villalta

Móstranse corenta publicacións que recollen boa parte da súa obra, pertencentes aos fondos da Biblioteca Penzol
A escritora Luísa Villalta. (Foto: Arquivo familiar de Luísa Villalta).
photo_camera A escritora Luísa Villalta (Foto: Arquivo familiar de Luísa Villalta).

Esta cuarta feira inaugurouse na sede da Fundación Penzol, na Casa Galega da Cultura de Vigo, a exposición biobibliográfica en homenaxe á escritora Luísa Villalta a quen a Real Academia Galega dedica o Día das Letras Galegas de 2024.

A exposición organizada pola fundación, de carácter divulgativo, presenta, en catro paneis un sintético percorrido pola súa vida e obra. Ademais, móstranse corenta publicacións que recollen boa parte da súa obra, pertencentes aos fondos da Biblioteca Penzol.

Villalta publicou, en apenas vinte anos, case quince títulos, ademais de numerosos textos en revistas e publicacións colectivas. Unha intensa actividade que se decanta nunha obra que abrangue o ensaio, o teatro, o xornalismo de opinión, a narración e a poesía.

Ao acto de inauguración asistiron Malores Villanueva, secretaria do Padroado da Fundación Penzol; Susana Villalta, irmá da homenaxeada; Víctor F. Freixanes, presidente da Real Academia Galega; Manuel Puga, presidente da Fundación Penzol, e Abel Caballero, alcalde de Vigo.

Comentarios