Seguena en candidaturas 'Jacinto', 'Malencolía' e a serie 'Hierro'

O filme Cuñados parte como favorito da 20ª edición dos Premios Mestre Mateo

A Gala de entrega de premios na que dará a coñecer o palmarés terá lugar o sábado 19 de marzo no recinto de Expocoruña.
Xosé A. Touriñán, Federico Pére e Miguel de Lira competirán polo premio á Mellor interpretación masculina protagonista.
photo_camera Xosé A. Touriñán, Federico Pére e Miguel de Lira competirán polo premio á Mellor interpretación masculina protagonista.

Os académicos do audiovisual, en primeira instancia, puxéronse de parte do público: a película Cuñados parte como favorita, con 16 candidaturas, dos integrantes da Academia Galega do Audiovisual nos Premios Mestre Mateo deste ano. 

Cuñados, dirixida por Toño Chouza, lidera a lista de candidaturas con nomeamentos que inclúen Mellor Película e Mellor Dirección e cos tres protagonistas do filme, Federico Pérez, Miguel de Lira e Xosé A. Touriñán competindo polo trofeo a Mellor interpretación masculina protagonista

A Academia anunciou onte os nomes dos proxectos e profesionais finalistas da vixésima edición dos premios nun acto que decorreu en Lugo coa presenza de Alba Mancebo, Esther Estévez, Beatriz Serén, Luís Iglesia e María Costas, que desvelaron as candidaturas finalistas.

Cuñados, dirixida por Toño Chouza, lidera a lista de candidaturas con nomeamentos que inclúen Mellor Película e Mellor Dirección e cos tres protagonistas do filme, Federico Pérez, Miguel de Lira e Xosé A. Touriñán competindo polo trofeo a Mellor interpretación masculina protagonista. 

As longametraxes Jacinto, de Javi Camino, e  Malencolía, de Alfonso Zarauza, sitúanse como os seguintes traballos máis votados, con once candidaturas cada unha. Hierro, dirixida por Jorge Coira, obtén oito candidaturas, o que a converte na serie favorita para os Mestre Mateo. 

Malencolía, ademais, logra cinco candidaturas finalistas para os seus intérpretes, recoñecendo o traballo das actrices de reparto Iolanda Muíños e Ledicia Soa e a protagonista Melania Cruz, así como o de Diego Anido e Ricardo de Barreiro, na categoría de Mellor interpretación masculina de reparto 

A listaxe de favoritos péchase con Eles transportan a morte, de Samuel M. Delgado e Helena Girón, e Tres, dirixida por Juanjo Giménez, con seis candidaturas cada unha. 

Os directores das catro producións con máis nomeamentos -Alfonso Zarauza, Javi Camino, Jorge Coira e Toño Chouza- serán os que compitan polo premio ao mellor director. 

Cuñados, Jacinto, Malencolía e Tres serán os filmes que diriman entre eles o premio a Mellor Longametraxe, mentres que A poeta analfabeta, de Sonia Méndez, A virxe roxa, de Marcos Nine, O gran camiño de Alba Prol Cid e Raúl García e Welcome to ma maison, de Andrés Goteira son as candidatas a recibir o premio ao Mellor Documental. A comuñón da miña prima Andrea, de Brandán Cerviño, Augas Abisais, de Xacio Baño, Aura, de Miriam Albert e Sonia Albert (Also Sisters), e Fracturas, de Fernando Tato, disputarán o premio na categoría de Mellor curtametraxe 

A Gala de entrega de premios na que dará a coñecer o palmarés dos XX Mestre Mateo terá lugar o sábado 19 de marzo no recinto de Expocoruña

As finalistas a Mellor Serie son Hierro, A lei de Santos, Auga Seca e Método Criminal, e a Mellor serie web  será escollida entre Cacola, Delicias Amargas, Mataría Microserie e Xela Arias. A palabra esgazada.

Dos 32 programas de TV presentados, os votos das académicas e académicos elixiron Cinephilia, Clac, Cos pés na terra e Dígocho Eu. O traballo de Esther Estévez, Paco Lodeiro, Rodrigo Vázquez e Simone Saibene competirán na categoría de mellor comunicador/a.

O videoclip da canción "Figa", de Tanxugueiras é finalista xunto con "El volcán" de Pablo Lesuit, "Fukushima" de Triángulo de amor bizarro e "Voucho contar así" de Grupo Antilia; ; e E Lalín sóache?, As estrelas do camiño. Miradas de resistencia, Redes vivas e Xacobeo, camiña a Galicia na de mellor anuncio. 

Unha gala especial para celebrar o vixésimo aniversario

Máis dun centenar de obras e 475 profesionales competiron por ser finalistas nesta edición dos premios Mestre Mateo. 

A Gala de entrega de premios na que dará a coñecer o palmarés dos XX Mestre Mateo terá lugar o sábado 19 de marzo no recinto de Expocoruña. A festa do audiovisual galego será un evento especial, cun formato de gala nunca visto que celebrará o vixésimo aniversario dos premios.

Comentarios