O Festival Internacional de Jazz e Blues volve a Pontevedra

O blues e o soul terán representación a través das artistas internacionais Gisele Jackson, Acantha Lang e Vanessa Collier, namentres a parte máis jazzera do cartel recaerá nos pontevedreses Pablo Patiño e Mr. River.
Presentación do Festival de Jazz e Blues de Pontevedra, onte.
photo_camera Presentación do Festival de Jazz e Blues de Pontevedra, onte.

A Praza da Ferraría repetirá na 29ª edición do Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra como escenario principal dunha programación de enorme nivel. O edil de Festas, Demetrio Gómez, presentou esta mañá de xeito oficial todas as actividades incluídas baixo a bandeira dun dos ciclos musicais máis lonxevos e con máis percorrido dos que hai na Boa Vila, que este 2023 será celebrado entre o 7 e o 11 de agosto. 

O edil de Festas, Demetrio Gómez, presentou esta quinta feira todas as actividades incluídas baixo a bandeira dun dos ciclos musicais máis lonxevos e con máis percorrido dos que hai na Boa Vila, que este 2023 será celebrado entre o 7 e o 11 de agosto. Acompañado polos organizadores e coordinadores do evento, Paco Charlín e José Antonio Ortiz, o concelleiro sinalou que esta "é unha das citas máis agardadas do verán" e que combina ao talento de recoñecidas artistas internacionais co do país. "Só podo agradecerlle a todo o equipo do Festival de Jazz e Blues, xunto ao do Concello de Pontevedra, que este evento se poida realizar logo de 29 anos", declarou Gómez. 

A edición deste ano porá o foco no blues e no soul, sen esquecer o jazz que quedará nas mans dos músicos galegos presentes este ano. Todos os concertos serán de balde e tamén a Street Band Chivinjazz percorrerá as rúas da cidade todos os días que dure o festival ás 12.30 e ás 20 horas. 

A gran veterana do blues Gisele Jackson and The Shu Shu’s, intérprete nada en Baltimore e iniciada musicalmente no soul clásico, actuará o día 7 de agosto abrindo o ciclo. 

O día 8, será a cantante de Nova Orleans Acantha Lang a que tome o relevo, presentando o seu traballo de debut Beautiful Dreams. E o día 9, a saxofonista e cantante Vanessa Collier chegará a Pontevedra dentro da súa xira Keep it Saxy

O contrabaixista Pablo Patiño, formado no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra e na Escola Superior de Música de Lisboa será o protagonista da noite da quinta feira 10 de agosto, xunto con representantes do mellor jazz que se realiza na Galiza.

Finalmente, o festival terá o seu remate na sexta feira, día 11, coa actuación de Mr River, grupo de jazz session de Pontevedra, que presentará o seu traballo discográfico Night Court

Comentarios