Membro do grupo Atlántica

Falece aos 68 anos o pintor pontevedrés Manuel Moldes

O artista Manuel Moldes, membro do grupo Atlántica e unha das referencias da pintura galega, faleceu na cidade de Pontevedra aos 68 anos debido á enfermidade que o mantiña ingresado no hospital Montecelo nos últimos días.

[Imaxe: Xurxo Lobato] Manuel Moldes
photo_camera [Imaxe: Xurxo Lobato] Manuel Moldes

Faleceu Manuel Moldes (Pontevedra, 1949), un dos nomes relevantes da pintura na Galiza e un dos encargados de renovar a arte galega durante a década dos oitenta. Integrante do grupo Atlántica e membro da Real Academia de Belas Artes, era profesor na Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo.

Na súa obra percíbense as influencias de Picasso, Ingres e da súa cidade de nacemento, Pontevedra, onde finou. Galiza tamén está presente na súa pintura a través da paisaxe, persoas, arquitectura...

O Museo de Pontevedra dedicoulle unha exposición retrospectiva o pasado verán baixo o título Pontevedra suite

Na segunda feira, ás 17h, terá lugar un acto de despedida no cemiterio de San Mauro.

Comentarios