venres 03/12/21
No ciclo 'Temos unha peza' esta quinta feira

A eurodeputada Lidia Senra fala no Museo do Pobo Galego a partir dunha fouce

Lidia Senra, histórica sindicalista agraria e hoxe eurodeputada por AGE en Europa, escolleu unha fouce de entre todas as pezas do Museo do Pobo Galego para disertar no ciclo Temos unha peza. Será esta quinta feira, ás sete da tarde, no museo compostelán.
 

Lidia Senra. Foto, Tino Viz
Lidia Senra. Foto: Tino Viz

Senra foi durante moitos anos a cabeza visíbel do Sindicato Labrego Galego. Implicada desde moi nova no nacionalismo de esquerda, tamén traballou activamente no movemento agrario internacional agrupado na Vía Campesiña e participou en varios foros sociais mundiais.

O programa de charlas Temos unha peza é unha iniciativa do Museo do Pobo Galego destinada a popularizar os fondos da institución. Os participantes -abriu en xaneiro Suso de Toro e serán, en total, unha ducia- relatan a súa experiencia persoal e emocional co museo.

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

A eurodeputada Lidia Senra fala no Museo do Pobo Galego a partir dunha fouce
comentarios