Coa súa actividade en curso, mais sen facturar, a editorial Xerais leva publicados xa máis dunha trintena de vídeos nas súas redes sociais coa lectura que outras tantas autoras e autores das súas diferentes coleccións lle fixiron chegar con motivo da campaña #envozpropia.
Dende Xerais convidamos ás nosas autoras e autores a ler a primeira páxina dun dos seus libros.
— Xerais (@Xerais) March 18, 2020
Cada día invitaremos a unha persoa que, contestando ao chío convite, responderá co vídeo colocando as etiquetas #envozpropia #librosxerais #literaturagalega #quedanacasa
A experiencia comezou a pasada fin de semana co convite que Xerais lle enviou á escritora Ledicia Costas e que a autora respondeu coa lectura da primeira páxina do seu libro Infamia.
A esta primeira achega sumáronse, co paso dos días, as voces de María Reimóndez, Rosa Aneiros, Ramón Nicolás, Xabier Quiroga, Iolanda Zúñiga, Santiago Lopo, Suso de Toro e Marilar Aleixandre entre outras autoras e autores.
#envozpropia nas redes
Con motivo do confinamento, a serie continúa. Pódese acceder a todos oos vídeos completos da campaña #envozpropia a través da canle de Xerais en YouTube ou das súas contas en Twitter, Facebook e Instagram.