Entidades culturais de toda a Galiza acoden ao Convivio da Cultura Galega en Outeiro

Outeiro de Rei acolleu un ano máis o Convivio da Cultura Galega, organizado pola Federación Galiza Cultura conxuntamente coa Casa-Museo Manuel María. 
OXantar do Convivio do ano pasado.
photo_camera Após os debates decorreu un xantar de confraternidade.

O Convivio da Cultura Galega decorreu este sábado, 9 de xullo, en Outeiro de Rei, organizado pola federación de asociacións culturais Galiza Cultura e pola Casa Museo Manuel María, coa colaboración da área de Cultura da Deputación de Lugo, a xornada arrincou ás diante da Casa de Hortas, onde naceu Manuel María. Birloque Gaiteiros acompañou o inicio do día.

As actividades comezaron ás 11.45 cunha ofrenda a Manuel María no cemiterio de Outeiro, para dar logo paso á actuación da banda de música Sons e Soños, de Rábade, Begonte, Outeiro e Friol, dirixida por Armando Morales e acompañada da voz de Uxía.

A seguir, tivo lugar o encontro das entidades culturais pertencentes a Galiza Cultura, onde se abordou o estado da cultura nacional e o papel do asociacionismo de base no actual contexto, e se marcaron as liñas de actuación comúns para o seguinte exercicio, tanto para as asociacións locais como para a Federación. Entre as decisións tomadas, destaca a realización de varias actividades arredor da figura de Xaquín Marín, cunha grande exposición da súa obra, e tamén da obra do Carrabouxo.

 

"A celebración foi espectacular, quizas a mellor de todas as que se celebraron até o de agora", explica Alberte Ansede, secretario da Fundación Manuel María de Estudos Galegos, a Nós Diario.

Após o xantar de confraternidade, comezou a foliada, na que participaron os grupos Parabéns, Xurxo Souto e Richi Casás, Tradivivas Agra, Birloque Gaiteiros, Arinhos do Fiouco e Foliadeir@s do Castro. Unha festa que estivo conducida en todo momento por Xurxo Souto.

Carballeira e romaría volveron darse a man nunha xornada de amizade e de carácter galego e popular. A traxectoria do convivio demostrou que existe necesidade dunha celebración como esta, próxima a Manuel María e perto da cultura de base.

Comentarios