Pasar, Passing no título orixinal, narra a relación entre dúas mulleres afroamericanas “de pel clara dabondo para pasaren desapercibidas”. A novela ofrece un territorio en que se cruzan raza, xénero e clase. A existencia de Irene Redfield e Clare Kendry acontece nunha condicións que elas non escolleron e contra as que se revolven de maneira máis ou menos explícita. Ao fondo, emerxe a nada amánel verdade sobre a sociedade norteamericana do seu tempo.
Un ano antes de Pasar, Nella Larsen (1891-1964) dera á luz pública Areas movedizas (Quicksand). Dúas novelas e oito relatos conforman a obra dunha muller que traballou como enfermeira e bibliotecaria. Nos anos 40 do pasado século abandonou a literatura.
A obra de Larsen non é o único rastro do Rexurdimento de Harlem en galego. En 1993, a editorial Laiovento colocara nas librarías O seu olhar posto em Deus (Their Eyes Were Watching God, 1937), dunha das figuras centrais da época, Zola Neale Hurston (1891-1960). A tradución é de Elvira Souto. Unha pequena escolma de poemas de Langston Hughes -o talvez principal poeta negro anterior á II Guerra Mundial- saiu, no seu día, na Revista das Letras de Galicia Hoxe.
Nota: a escritora afroamericana Nella Larsen.