Cursos de audiovisual Sen un Peso!

Se o seu nome daba para prender simpatía, agora convértese no maior dos reclamos. Pódese facer audiovisual sen un peso? A Asociación Senunpeso bota a andar a súa edición do Laboratorio Audiovisual de Vedra (LAV012), un total de dez cursos para achegarse, de maneira “económica” ao mundo audiovisual.
Imaxe de captación de son por Mandeo.
photo_camera Imaxe de captación de son por Mandeo.

Até o 1 de febreiro está aberta a inscripción dos dez cursos que SenunPeso desenvolverá do 16 ao 17 de febreiro para o que se poñen ao dispor de persoas afeccionadas e profesionais un total de 150 prazas . Na segunda fin de semana do LAV o obxectivo será o intercambio de materiais e coñecementos para o cambio social no que chaman RevoLAV.

“Nós temos o vicio de que as cousas que se graven se poidan ver despois en calquera lado, sexa nunha sala con amigos, no cine, na tele ou mesmo en internet. Para que ese vicio non decaia poñemos en marcha este LAV013, que nos trae obradoiros xá clásicos e outros un pouco máis acordes cos tempos convulsos nos que andamos” explican desde Senunpeso. Na súa páxina web pódese formalizar a inscripción en calquera dos cursos e achegarse ao RevoLAV, unha proposta singular de encontro de ideas e enerxías con ansia de cambios social.

“O intérprete diante da cámara” de Francisco Olmo, “Marketing de guerrilla” de Iñaki Quenerapú, “Videoclips” de Juan Lesta e Belén Montero, “Documental web: man a obra” de María Yáñez, “Son e produccións audiovisuais” de Daniel López, “Radio Internet e podcast” de Uxío Broullón, “Loita escénica” de Pablo Sánchez, “Video de Combate” de María Lobo e Roi Guitián e “Iniciación ás curtametraxe para alumnado de ESO”, Luki Matteus son os cursos que ofertan Senunpeso. Máis información na súa web  www.senunpeso.org

Comentarios