Sábado 5 de maio en Outeiro de Rei

Cándido Pazó leva o seu Castelao á Casa Manuel María

Que comerá o rei? é a particular ollada do contacontos, dramaturgo e actor Cándido Pazó (Vigo, 1960) sobre a obra de Castelao. Este sábado, 5 de maio, ás 20.30 horas, verase na Casa-Museo Manuel María, en Outeiro de Rei.
 

cándido pazó
photo_camera O actor e narrador oral Cándido Pazó.

O narrador oral realiza nesta peza unha síntese de historias e contos “inspirada en textos e debuxos” do rianxeiro. “Coa palabra como única ferramenta, Pazó procura o humor agudo e tenro, a expresión sinxela e sutil e o trazo delicado e potente do xenial artista e político galego”, indican desde a organización.

As entradas para Que comerá o rei? Custan cinco euros e poden reservarse por anticipado ben no teléfono 698177621, ben no correo electrónico [email protected].

A Casa-Museo Manuel María inicia ademais o seu horario de verán, que dura ate o 30 de setembro. Estará aberta todos os sábados, domingos e festivos -agás o 25 de xullo- entre as once da mañá e as dúas da tarde e entre as catro e media e as sete e media.

Comentarios