As 'Biografías esenciais do Reino da Galiza', nos premios Follas Novas

Os galardóns entregaranse na gala que terá lugar en Santiago no vindeiro mes de maio. Un centenar de obras fan parte da primeira ronda de selección.

Un centenar de obras fan parte da primeira ronda de selección.
photo_camera Un centenar de obras fan parte da primeira ronda de selección.

A colección 'Biografías esenciais do Reino da Galiza', editada por Sermos Galiza S. A., foi unha das obras escollidas, na categoría de Iniciativa Bibliográfica, na primeira ronda dos premios Follas Novas do Libro Galego. Organizados conxuntamente pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías de Galiza (FLG), finalizaron a primeira fase de selección de candidaturas sobre os títulos publicados até o último día de novembro do pasado ano 2023. 

Os premios -nos que tamén figura como finalista, na categoría de Divulgación, o responsábel da sección de Deportes de Nós Diario, Héctor Pena, coa súa obra Historia do fútbol femenino en Galicia (Galaxia) resolveranse na gala de entrega que terá lugar o 11 de maio no Teatro Principal de Santiago. 

Case un centenar de obras forman parte desta primeira selección dos Follas Novas nas trece categorías dos galardóns que, ademais, inclúen unha categoría para persoas, colectivos, proxectos destinados á promoción da lectura e do libro.

Nesta primeira fase, a selección foi realizada polos tres colectivos impulsores dos premios para que, a partir de agora, un xurado formado con persoas de recoñecido prestixio procedentes do sector do libro escolla as finalistas e as gañadoras en cada unha das trece candidaturas destes galardóns que repasan a actividade literaria e editorial do ano 2023. 

Na seguinte fase anunciaranse as tres obras finalistas por categoría. Os premios, que valoran e recoñecen o traballo de todos os sectores do mundo do libro, están organizados co patrocinio da Xunta da Galiza, Concello de Santiago, Deputación da Coruña e CEDRO (Centro Español de Dereitos Reprográficos). 

Listado de categorías e candidaturas Premios Follas Novas 2024

 

Ensaio e investigación

As bicicletas si son para Galicia. Catro Ventos Editora. Catro Ventos Editora.

Carmiña Sierra: a primeira muller do Seminario de Estudos Galegos. Aurora Marco. Alvarellos Editora.

De Galicia a Mauthausen. Alba Garrido. Editorial Galaxia.

Melpómene entre nós. A reelaboración dos clásicos gregolatinos na dramaturxia galega contemporánea. Iria Pedreira Sanjurjo. Edicións Laiovento.

O cento voando. Amores, alianzas e monogamias. Andrea Nunes. Ánxela Lema (coord). Edicións Xerais de Galicia.

Os corpos inscritos e os textos escritos. Xénero, moda e literatura. Rebeca Baceiredo. Edicións Xerais de Galicia.

Ser Cetáceo. O fascinante inverno do animal de fondo. Francisco Xosé Fernández Naval. Editorial Bululú.

Divulgación

Consciencia: A ciencia que nos rescatou da pandemia. Sonia Villapol. Edicións Xerais de Galicia.

Fanzines en Galiza. Unha breve e intensa historia da autoedición. Ramón Mariño Fernández. Edicións Laiovento.

Gárgolas en Compostela. Benxamín Vázquez. Fotografías de Xaime Cortizo. Alvarellos Editora.

Guía definitiva dos mamíferos da Galiza. Ignacio Munilla. Ignacio Munilla.

Historia do fútbol femenino en Galicia. De Irene González a Vero Boquete. Héctor Pena. Editorial Galaxia.

O Benshi de Galicia. O arrebato cinematográfico de Rey Soto. Manolo González. Alvarellos Editora.

O cento voando. Amores, alianzas e monogamias. Andrea Nunes Brións, Ánxela Lema (coord.). Edicións Xerais de Galicia.

Unha historia da arte galega. Carlos López Bernárdez. Edicións Laiovento.

Narrativa

A muller xabaril. Fina Casalderrey. Edicións Xerais de Galicia.

A parte dos anxos. Emma Pedreira. Aira Editorial.

A parte fácil. Ismael Ramos. Edicións Xerais de Galicia.

Alguén nos lembrará. VV.AA. Edicións Xerais de Galicia.

Cinco corujas. Susana Sanches Arins. Através Editora.

Coa man esquerda. Xabier Quiroga. Edicións Xerais de Galicia.

Hotel Carioca. Antón Riveiro Coello. Editorial Galaxia.

Ninguén contará a verdade. Pedro Feijoo. Edicións Xerais de Galicia.

Obra infantil

A botella de lentellas. Leticia Barbadillo. Edicións Xerais de Galicia.

Caramomia. Ledicia Costas, María Lado, Daniel Landesa, O Hematocrítico. Edicións Xerais de Galicia.

Daniel no peirao. Paula Carballeira e Eli García. Editorial Galaxia.

E que vai ser? Adelaida Vidal e María Montes. Baía Edicións.

Federico. Jesús Castro Yáñez e Iván R. Triqueta Editora.

Monstr3s. Laura Parrula e Óscar Villán. Patasdepeixe Editora.

Tartaruga vs Lebre. O desquite. David Pintor. Kalandraka.

O día que choveron gatos. Eva Mejuto. Edicións Xerais de Galicia.

O gran circo das palabras. Eva Mejuto e Ignacio Martín. Triqueta Editora.

Obra xuvenil

A curva da pantasma. Fran Alonso. Edicións Xerais de Galicia.

A tribo do mar. Lois Pérez. Edicións Xerais de Galicia.

Burbullas de calma serena. Andrea Maceiras. Cuarto de inverno.

Furia. María Reimóndez. Edicións Xerais de Galicia.

Noite no cemiterio. Carlos Vega. Boadicea Editora.

Nom estamos quebrades. Nee Barros. Cuarto de inverno.

Segredos soterrados. Xabier Domínguez e Alba de Evan. Edicións Xerais de Galicia.

Libro ilustrado

A parte dos anxos. Carlos Lago e Emma Pedreira. Aira Editorial.

A visita. Anna Font e Nuria Figueras. Kalandraka.

Cando chega o outono. Mariña Rey Noya e Mariña Rey. Aira Editorial.

Cinco corujas. Andres López e Susana Sánchez. Através Editora.

Maldiño, a vergoña da familia. Esteban Souto. Antela Editorial.

Maruja Mallo. Enigmaticamente única. María Canosa e Bea Gregores. Editorial Bululú.

Tartaruga vs Lebre. O desquite. David Pintor. Kalandraka.

O gran libro dos nosos montes. Blanca Millán. Cumio Editorial.

Xaora. Ana Moreiras. Aira Editorial.

Libro de banda deseñada, gráfico e humor

Estou ocupado! R.J. Peralte e Blanca Millán. Cumio Editorial.

Fago o que podo. Afra Torrado. Rodolfo e Priscila.

Microalgas: máis alá da terra. Xulia Pisón. Autoedición.

Miñoca e Ourizo. Ramón D. Veiga e Iván R. Edicións Xerais de Galicia.

O grande aviario. Eli García. Antela Editorial.

O paso do noroeste. As aventuras do capitán Duchesnoy. Primitivo e Xabier Queipo. Editorial Galaxia.

Os suicidantes. Tomás Guerrero e Diego Ameixeiras. Edicións Xerais de Galicia.

Xaora. Ana Moreiras. Aira Editorial.

Iniciativa bibliográfica

Alguén nos lembrará. Antoloxía de relatios LGTBIQA+. VV.AA Edicións Xerais de Galicia.

Biografías esenciais do Reino de Galiza. Varias/os autores/as. Nós Diario e Sermos Galiza.

Colección Cademaia. Edicións Laiovento.

Colección Clásicos Ilustrados. Aira Editorial.

Colección de poesía Filomena Dato. Apiario.

Colección Tambo de poesía. Coord. Luís Rei Núñez. Kalandraka.

Historia visual de RC Celta. Aira Editorial.

Miudiños (Rosalía de Castro e Luís Seoane). Xabier Domínguez e Alba de Evan. Cumio Editorial.

Obra traducida

A campá de vidrio. De Sylvia Plath. Celia Recarey. Irmás Cartoné.

A dama de branco. De Wilkie Collins. Isaac Xubín. Aira Editorial.

As gratitudes. De Delphine de Vigan. Xavier Senín. Editorial Hugin e Munin.

As iluminacións.  De Arthur Rimbaud. Tamara Andrés e Oriana Mández. Kalandraka.

De mar a mar (Feliciano Rolán, 1934). Anxo Angueira. Alvarellos Editora.

Deiche os ollos e miraches as tebras. De Irene Solá. María Alonso Seisdedos. Kalandraka.

Morte accidental dun anarquista. De Darío Fo. María Alonso Seisdedos. Editorial Galaxia.

Trompeta. De Jachie Kay. María Reimóndez. Editorial Hugin e Munin.

Poesía

As alas da serpe. Sol Mariño. Aira Editorial.

Diarios 1 / Azul Monforte. Antón Lopo. Edicións Espiral Maior.

Enxerto. Dores Tembras. Apiario.

Esta disidencia que habitamos. Andrea Nunes Brións. Mujeres & Compañía.

Imago. Helena de Carlos. Kalandraka.

Retratos de vodas, partos e funerais. Silvia Penas. Editorial Galaxia.

Salón de Té. Lupe Gómez. Edicións Xerais de Galicia.

Sonora. Chus Pato. Edicións Xerais de Galicia.

Teatro

Daniel no peirao. Paula Carballeira. Editorial Galaxia.

Faise o escuro. Carme Varela. Edicións Positivas.

Festas de gardar. Díptico para a resistencia. Lorena Conde. Cuarto de inverno.

Mambrú volveu da guerra. Carlos Labraña. Edicións Xerais de Galicia.

Nin me amoles. Ana Carreira. Edicións Xerais de Galicia.

Perder (2016-2021). Roberto Salgueiro. Editorial Galaxia.

Shakespeare en Roma. Volodymyr Snegurchenko, Ana Carreira, Ana Abad de Larriva, Lorena Conde. Edicións Positivas.

Síbaris. Domingo Villar. Editorial Galaxia.

Libro mellor editado

A parte dos anxos. Emma Pedreira e Carlos Lago. Aira Editorial.

Burbullas de calma. Andrea Maceiras. Cuarto de inverno.

Ei, Ti! Dinosaurízate! Paula Merlán e Rena Ortega. Triqueta Editora.

Enxertos. Dores Tembrás. Apiario.

Festas de gardar. Díptico para a resistencia. Lorena Conde. Cuarto de inverno.

O elefante que perdeu o seu ollo. Boniface Ofogo e Marc Taeger. Kalandraka.

O gran libro dos nosos montes. Blanca Millán. Cumio Editorial.

Ser cetáceo. O fascinante inverno do animal de fondo. Francisco Xosé Fernández Naval. Editorial Bululú.

Promoción da lectura

As comadres das letras

Biblioteca de Sober. Concello de Sober

Club de lectura en Instagram @contosnalareira

Espazo Lectura de Gondomar

Festas dos libros (concello de Pontevedra)

Festival literario de Allariz, FLAZ

Grupo Ouriol (Eva Veiga, Fito Ares e Bernardo Martínez)

Libraría Cartabón

Revista O Papagaio (o xornal da xente miúda)

Comentarios