DO 11 AO 19 DE XUÑO

Desenvólvese a VII Mostra de Cine Etnográfico no Museo do Pobo Galego

Filmes galegos coma o multipremiado Vikingland, de Xurxo Chirro, Pacios, As fotos da memoria, de Manuel Darriba, ou as curtas de WeareQQ e Vanesa Vilaverde, Eduardo Maragoto e João Aveledo que abren o programa, integran a mostra xunto con filmes procedentes do Congo, Níxer, Venezuela, Arxentina, Francia ou Alemaña

Dende hoxe, 11 de xuño, até o vindeiro martes 19, o Museo compostelán acolle unha nova edición da Mostra de Cine Etnográfico, en colaboración coa Concellería de Cultura compostelá, o Cineclube de Compostela, o Festival de Cine Etnográfico Espiello, a TVG e a Consellaría de Cultura e Educación.
Este luns, a mostra abre con curtas galegas na sección Carlos Velo: Goitik behera, behetik gora, do colectivo WeareQQ (Uxue Arrieta e Vicente Vázquez), ás 19.30, e a seguir, Em companhia da morte, unha curta de Vanessa Vilaverde, João Aveledo e Eduardo Maragoto. O mércores proxéctase o documental Pacios. As fotos da Memoria, de Manuel Darriba, e o xoves, Hombres de arena, do venezolano Joaquín Cortés Peteiro, Yatasto, do arxentino Hermes Paralluelo, ou Cautare, do romanés Ionut Pitirescu. Xa o venres, ás oito, será proxectado o exitoso documental Vikingland, de Xurxo Chirro. O venres pónse Lembrando os rostros da morte, de Lois Patiño.

O martes será proxectada, na Sección Espiello, Dimanche a Brazzaville, de Enric Bach e Adrià Monés, merecedora dun accésit no festival que nomea a sección. Tamén teremos ocasión de ver nesta sección What has to be photographed!, da alemá Irina Linke, e Swimming in space, da tamén alemá Anna Mbiya Katshunga, ou Dreaming Nicaragua, do nicaragüense Marcelo Bukin, que foi Premio Espiello Boltaña ao máis votado polo público e Premio ASECIC Guillermo Zúñiga, así como Una casa para Bernarda Alba, de Lidia Peralta, Premio Espiello Rechira ao mellor traballo de investigación, e El Torero de los Andes, de Ignasi Rodríguez Batlle, premio ao Mellor Documental Etnográfico.

No apartado de cinema histórico Jean Rouch poderanse ver filmes do cineasta francés, coma Petit à petit, La chasse au lion à l´arc, á parte do documental de Jean-André Fiesch: Mosso Mosso :Jean Rouch comme si.

Por último, este mércores haberá unha sesión paralela dentro da programación regular do Cineclube de Compostela, con Fake Fruit Factory, de Chick Strand, e Reassemblage, de T. Minhh-ha Trinh. Será ás 21.45, no Pichel. Neste pdf pódese consultar o programa completo.

Comentarios