A Fundación Rosalía desvincúlase do acto da Xunta con Marta Rivera

A Fundación Rosalía vén de desvincularse, a través do seu twitter, do acto da Xunta de homenaxe á escritora que conta como única convidada do mundo das letras con Marta Rivera de la Cruz.
Sede da Fundación
photo_camera Sede da Fundación

A través de dous chíos, a Fundación Rosalía desvinculouse do acto que a Secretaría Xeral de Igualdade vai organizar en homenaxe a Rosalía de Castro con motivo do Día Internacional das Mulleres e para o que convidou como única autora a Marta Rivera de la Cruz, unha autora que se ten mostrado belixerante contra a normalización do galego. No primeiro deles afirma: "A Fundación Rosalía non ten nada que ver coa organización dese acto, de cuxo contido soubemos pola prensa". No segundo que a elección "desa persoa é responsabilidade dos organizadores". A Secretaría Xeral de Igualdade que preside Susana López Abella organiza o acto central da súa campaña "Sen mulleres non hai Galicia" na Casa da Matanza, sede da Fundación, en homenaxe a Rosalía de Castro.

Comentarios