170 palabras para pasar unha fin de semana en Allariz

Cento setenta palabras abondan para pasar unha fin de semana en Allariz. A libraría Aira das letras convoca o seu concurso de micro-relatos de temática fantástica.

Dentro da programación da libraría Aira das letras de Allariz bota a andar o seu concurso de micro-relatos de temática fantástica co que queren facer unha sorte de homenaxe ao xigante de Magarelos, personaxe popular do concello. 

As bases están xa colgadas na web e no mes de agosto as persoas participantes poderán colgar os seus relatos, para o que é preciso rexistrarse na páxina. Unha votación popular decidirá quen terá como premio unha cesta con produtos de allariz mentres o xurado porá nome á persoa galardoada cun finde semana en Allariz, na Baixa Limia ou en Porto máis un lote de libros.

Comentarios