Xunta xeral de accionistas de Sermos Galiza

Será o 20 de xuño.

 

O Consello de Administración da Entidade Sermos Galiza, S.A., acordou convocar Xunta Xeral de Accionistas que se celebrará con data 20 de xuño de 2015, ás 11:00 horas, en primeira convocatoria e, 11:30 horas, en segunda, n´A Nave de Vidán (avenida da Mestra Victoria Míguez, 44, 15706 Santiago de Compostela) coa seguinte

Orde do día

Primeiro.- Aprobación, se proceder, do informe de xestión e do resultado orzamentario do exercicio 2013-2014.

Segundo.- Elección do Novo Consello de Administración.

Terceiro.- Aprobación, se proceder, da ampliación do capital social da empresa.

Cuarto.- Varios: rogos e preguntas.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2015.- O Presidente do Consello de Administración.

Máis en COMUNIDADE SERMOS
Comentarios