#sermos134: o ensino cara á greve do #26F

Analizamos o protesto convocado para o vindeiro día 26, entrevistamos o secretario xeral de Podemos Galiza ou abordamos a endometrose. Isto, e moito máis, neste número, xa na loxa.

unnamed

Xa un novo número de Sermos Galiza nesta rúa, desta volta coa greve do 26 de febreiro no ensino como tema dentral. Analizamos os motivos da convocatoria e falamos cos estudantes, nunha reportaxe completada coas achegas de organizacións como os Comités e a Liga Estudiantil.

Entrevistamos o novo secretario xeral de Podemos Galiza, Breogán Riobóo, co que falamos de procesos constituíntes, lingua, eleccións, o Caso Monedero ou a casta. Este naronés afirma que “Podemos veu para mudar a política galega tal e como a coñecemos”.

Tamén nos achegamos até as iniciativas veciñais que hai en localidades galegas para defender contra a piqueta ou o abandono un patrimonio urbano que acobilla memoria colectiva e identidade. E informamos da trama Zeta que sinala San Caetano e María Pita.

A importancia dunha diagnose a tempo

En ‘Endometriose: a importancia dunha diagnose a tempo’ falamos con doentes e con profesionais da medicina sobre unha “enfermidade complexa” que padecen catro millóns de mulleres en Europa. “Dicíanme que a dor é normal, que a regra doe” confesa Iria V., unha das doentes.

E neste nº134 do Sermos Galiza tamén falamos da ‘fraude’ que existe en certos produtos do mar, que se comercialian como galegos cando non o son; debullamos estudos que elevan o número de persoas en desemprego a moitas máis das que recollen as estatísticas oficiais.

‘Biodiesel: o penúltimo fiasco para reindustrializar Ferrolterra” e ‘Louzán tamén é polémico na Federación Galega de Fútbol’ son dúas reportaxes que podes ler tamén neste número do semanario. Outra entrevista neste nº134 é a Luis César, galego que adestra o Albacete. E en Viaxes na Miña Terra percorremos da man do colectivo Xea as lagoas e praias de Xuño e Muro.

Hammubari

Na sección de Textos entrevistamos Xosé Antón Parada , que a mediados dos 70 comezou estudar acádico coa finalidade de algún día poder traducir o Código de Hammubari. Case 40 anos depois, o reto está case logrado. En ‘A colección de Álvaro Gil’ falamos dun acontecemento de gran importancia, como que ese gran tesouro volva ao Museo de Lugo.

E na contra-capa, Nanny Mouro (compositor da versión en galego de Parabéns para Ti) 

Máis en COMUNIDADE SERMOS
Comentarios