Na sección Textos do número 138 de Sermos Galiza que estará nas rúas esta quinta feira publícase un adianto editorial da novela do xornalista Francisco P. Lorenzo, Cabalos e Lobos. A obra, gañadora do Premio Blanco Amor de Novela, é a estrea literaria dun autor cunha xa longa traxectoria no xornalismo e creador do blog Un país en lata onde está a publicar os book teaser da nova novela, á espera da súa publicación nas próximas semanas. A entrega 138 do Sermos Galiza -o único semanario en lingua galega- inclúe tamén unha entrevista co autor na que explica o proceso de creación da obra.
SÓ EN PAPEL
Sermos Galiza publica esta quinta feira un adianto editorial de “Cabalos e lobos”
Nas próximas semanas chegará ás librarías a novela Cabalos e lobos, a estrea literaria coa que o xornalista Francisco P. Lorenzo gañou o Premio Blanco Amor de Novela. O semanario Sermos Galiza publicará esta quinta feira un adianto do texto.