xoves 05/08/21

A arte urbana volve a Ordes co DesORDES Creativas

O Festival internacional de arte na rúa comeza esta segunda feira e durará até o 20 de xullo. 

Desordes
[Imaxes Sokram / Mutante Creativo]

As rúas de Ordes volven encherse a partir desta segunda feira (14 de xullo) de pintura, pinceis e spray da man da Asociación Cultivarte e o Estudio Mutante. 

O Festival internacional de arte na rúa, DesORDES Creativas decorrerá ao longo desta semana polas rúas da vila. Murais e graffitti tinguirán de cores os muros e fachadas sumando máis puntos ao rueiro que ao longo das sete edicións do DesORDES foron conformando desde a organización

Como cada ano desde Cultivarte e o Estudio Mutante prepararon unha selección de artistas "internacionais" mais tamén "da escena galega e estatal" que tomarán parte durante os próximos seis días no maior encontro de arte urbana do país. 

ARYZ ( Barcelona / Catalunya ), AXEL VOID ( Miami / U.S.A.), SEKONE ( Vilagarcía / Galiza ), SR. X ( London / United Kingdom ), TAYONE ( Vigo / Galiza ), MINIA ( Compostela / Galiza ), L.E.O. ( Miami / U.S.A.) e NADA ( A Coruña / Galicia ) debruzarán a súa arte polos espazos que a organización foi seleccionando ao longo de todo o ano. 

Neste senso, un dos obxectivos do DesORDES Creativas, explica Marcos, é "actuar nos sitios que máis falta lles fai" para os recuperaren "por medio dun mural". 

Desde que comezou en 2007 o Festival está a ter "en xeral moi boa acollida, sempre hai a quen non lle gusta mais para iso están as cores", conta Marcos entre brincadeiras. Porén, o certo é que moitas persoas xa visitan a vila para percorrer as súas rúas cargadas de cor e arte convertendo Ordes nun museo en aberto. Unha mestura de "rexeneración urbana e diálogo social" para "desfrute colectivo", explican na súa páxina web

O Festival rematará cunha festa o sábado 20 de xullo na sala Jatopús cunha batalla de Dj's a partir das 22.30h. Mou Pinchadiscos, Supahacan Selector e Croma serán os que poñan a nota nun acto en que tamén se sortearán varias obras [email protected] artistas [email protected] 

comentarios