Ao vivo

Ribadavia acolle o 'VI Festival Arteficial'

Ribadavia acolle o 'VI Festival Arteficial'

O evento músico-cultural continuará coa promoción de grupos galegos e varias actividades que van da fotografía até a pintura.
InIbO de Celanova
photo_camera InIbO de Celanova

Esta sexta edición do festival Arteficial trae a Ribadavia ás formacións InIbO (Celanova, gañadores do premio do público II Concurso de Grupos Galegos Arteficial), Plus Lottus (A Coruña, gañadores do premio Arteficial no II Concurso de Grupos Galegos Arteficial), Rosvita (Madrid), Unicornibot (Pontevedra), Guadalupe Plata (Xaén) e os Dj Chaco, Dj Arteficial e Dj ICF. Grupos novos que @s organizadores agardan que teñan unha boa acollida na capital do Ribeiro.

Alén da música, entre as actividades que propoñen para ese día e a semana anterior, haberá exposicións de fotografía e pintura en diversos bares da vila, un obradoiro de graffiti durante os concertos dentro do recinto, unha Jam Session no pub ALJAMA de Ribadavia na sexta feira 17 de agosto e un obradoiro de musicoterapia o mesmo sábado 18, a partir das 18 horas, no Clube Artístico de Ribadavia.
As entradas teñen desconto a través de internet mais tamén poden atoparse o mesmo día na billeteira. Unha parte da entrada doarase á ONG Menoria.

Máis en Ao vivo
comentarios