mércores 27.05.2020
Ás 21h na Sala Capitol

O Outono Códax Festival fecha a súa quinta edición

Naomi Shelton, The Soul Jacket e Juan Zelada poñen fin á quinta edición do Outono Códax Festival esta noite en Compostela (a partir das 21h na Sala Capitol).

[Imaxe: Youtube] Naomi Shelton
[Imaxe: Youtube] Naomi Shelton

O Outono Códax Festival chega á súa fin. Faino coa actuación de Naomi Shelton, lenda contemporánea do soul, que actuará co seu coro, The Gospel Queens e coa súa banda; dos galegos The Soul Jacket, un dos grupos con maior recoñecemento a nivel estatal, e dos madrileños que compoñen Juan Zelada.

O concerto terá lugar esta noite, ás 21h, na Sala Capitol (Compostela), cun prezo de 20 euros a entrada anticipada e de 24 euros no portelo.

comentarios