Os grupos galegos reivindican o Derrame Rock

Nunha nova edición do Derrame Rock de Ourense as bandas do país reivindican o seu espazo.
Los Suaves

Con menos xente da esperada deu comezo unha nova edición do festival Derrame Rock en Ourense. A cidade das Burgas acolle por segundo ano consecutivo un dos maiores eventos de rock de todo o Estado. Nesta edición o festival trasladouse desde Expourense até as inmediacións da praia fluvial de Oira, mellorando así algunhas eivas que tivo na edición de 2011 como a ubicación e condicións da zona de acampada.  Do mesmo xeito que o ano anterior, o xoves  tiveron protagonismo os grupos galegos entre os cales estiveron os Ultraqans, que sairon a iso das dez da noite ao escenario ourensán cando ainda non se superaba no recinto o millar de asistentes. Logo deles, os Festicultores, que durante algo máis de media hora lembraron todo o seu repertorio e foron animando pouco a pouco.

Xusto a medianoite saltaron os Sonoro Maxin, que foron gañándonos a base dos seus ritmos de  cumbias, ska, e como non, cos ” himnos”  dos antigos Lamatumbà como o ”Licor cafè” ou “o San Benitiño“. Sen dùbida todo o mundo estaba agardando, a Charli, Yosi, Alberto Nando e Tino, é dicir, aos Suaves, que volvian unha vez máis a súa cidade. Durante hora e media foron tocando, un tras outro, todos os seus éxitos cun Yosi máis recoñecíbel e calmado que noutras ocasións e co público totalmente entregado aos ourensàns, e cun son en liñas xerais, mellorábel. Os Suaves seguen divertìndose enriba do escenario e o concerto volveu a ser boa mostra diso. Outro prato forte, xa entrada a madrugada, foi ver novamente a Evaristo e a súa banda Gatillazo por Ourense con toda a forza e a ironia de sempre. Pechou a noite Miguel Costas, o antigo vocalista de Siniestro. Esta tarde agárdase o desembarco definitivo na cidade e na zona de acampada de miles de persoas para ver aos galegos Machina, The Toasters Hamlet, Sepultura, Burning ou Loquillo.

Máis en Ao vivo
Comentarios