Os Cempes e Leo i Arremecághona actuarán no 15º Festival Música na Noite de Teo

Os días 6 e 7 de xullo a parroquia de Solláns acollerá concertos e actividades. Taghaitai, Vai Rañala, Homen Banda, a Compañía do Ruído, Los Mighty Calacase e a Compañía do Ruído completan o cartel
Músicas Emerxentes en Teo

A XV Edición do Festival "Música na noite", organizada pola Asociación Cultural 'Lúa Chea' de Teo, celebrarase o 6 e 7 de xullo no lugar de Solláns. Para este ano contan con grupos locais (Desequilibrio Mental e Os Devotos do Folclore 300) e outros xa consagrados como Os Cempés, que volven aos escenarios nesta tempada de verán. Xunto con eles actuarán Taghaitai, Vai Rañala e Homen Banda, que chega desde o Brasil. Na noite do venres actuarán O Sonoro Maxín, a Compañía do Ruído e Los Mighty Calacas, recén chegados de México. Entre actuacións, e a pé de barra, o Leo i Arremecághona vai presentar o seu espectáculo do “cantautor bomba”.
O festival contará con acampada de balde, aparcamento, barra, e un menú especial preparado pola veciñanza de Calo a base de callos, churrasco e bolos preñados. Na presentación, na que participaron autoridades locais e organización, estivo Leo que animou á xente "a participar e a consumir, pois esta é unha das principais fontes de ingresos do festival". Ademais expresou a súa satisfacción "por participar no festival" que comparou cunha morea de "terminacións nervosas” que comparou coas que ten “o clítore dunha muller” e afirmou que “por iso me dá tanto pracer tocar sempre en Teo”.

Máis en Ao vivo
Comentarios