Antón Reixa gaña as eleccións da SGAE

Aunir, a candidatura que lidera, foi a máis votada.
Antón Reixa
photo_camera Antón Reixa

Antón Reixa, músico e cantante líder do grupo galego Os Resentidos, ademais de escritor, director e produtor de cine perfílase desde hoxe como futuro presidente da SGAE, tras obter o maior número de votos nas eleccións á Xunta Directiva desta entidade. Para iso a candidatura que lidera, Autores Unidos pola Refundación (Aunir) terá que pactar cos outros dous grandes candidatos, José Miguel Fernández Sastrón, líder de De Otra Manera (DOM), e Jaume Sisa, candidato de Autores polo Cambio (Aupec). Reixa logrou 14 asentos na Xunta Directiva. As outras dúas candidaturas lévanse nove e seis 'escanos' respectivamente. Miguel Ríos, candidato independente, tamén terá asento, igual que Iván García Pelayo, de Centrados. As outras oito prazas corresponderán ao colexio de editores, onde só concorreu unha candidatura unitaria.
Será o 8 de maio cando os recén elixidos membros da Xunta Directiva decidan a quen entregar o novo rumbo da SGAE, que pretende romper coa xestión da anterior etapa e limpar unha imaxe moi deteriorada desde hai dez meses, cando se detiveron nove persoas, entre elas ao seu presidente Eduardo Bautista, por un suposto desvío de fondos. Despois das eleccións celebradas todo apunta a que será o cabeza de lista da candidatura Aunir, Antón Reixa, o encargado de asumir o reto.

Máis en Ao vivo
Comentarios