A veda do polbo na Galiza estenderase durante os meses de maio e xuño

A veda do polbo na Galiza terá lugar este ano durante os meses de maio e xuño, período no que estará prohibida a captura desta especie por calquera arte e en augas tanto interiores como exteriores. A decisión foi acordada na última reunión da comisión de seguimento do plan experimental para a xestión deste octópodo. Deste modo, as embarcacións dedicadas á captura deste cefalópodo con nasas deberán retiralas do seu lugar de calado e levalas a porto a finais de abril. O tempo de veda tamén se aplica á pesca marítima de recreo e ás capturas con calquera outra arte distinta da nasa para polbo.

Descarga de polbo no porto de Burela, A Mariña (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
photo_camera Descarga de polbo no porto de Burela, A Mariña (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
Comentarios