A USC impartirá desde o vindeiro curso un novo Mestrado en Xornalismo e IA

RTVE Instituto, a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Fundació Universitat Politécnica de Catalunya lanzan, a través da plataforma 'Haz', o Mestrado de Formación Permanente en Xornalismo e Intelixencia Artificial, unha proposta educativa que aborda as demandas actuais do sector. O programa, que ten como obxectivo "cubrir un baleiro" e preparar o alumnado para enfrontar os novos retos do xornalismo na era dixital e a intelixencia artificial, ten unha duración dun ano e comezará o próximo 16 de outubro. O período de preinscrición ficará aberto até o 31 de agosto e a matriculación será do 15 ao 30 de setembro. O mestrado, que se imparte na modalidade híbrida —10% presencial—, está aberto a un máximo de 40 estudantes e diríxeno por Miguel Túñez, da USC, e Pere Vila Fumas, de RTVE Instituto.
Estudantes universitarios na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. (Foto: Arxina) #universidade #universidades #xornalismo #facultade #abau #selectividade
photo_camera Estudantes universitarios na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. (Foto: Arxina)
Comentarios