O PTI de Khan acusa as autoridades de Paquistán de roubarlles até 85 escanos

A de 2024 será lembrada como a "maior fraude electoral" da historia de Paquistán, proclamou hoxe Raoof Hasan, responsábel de Información do Movemento pola Xustiza (PTI) do ex primeiro ministro Imran Khan, que denunciou o roubo de 85 escanos nos comicios que lles darían a maioría absoluta, e presentou probas da manipulación dos resultados en 46 circunscricións, anunciando que están a recompilar os datos das restantes.

Protesta do PTI a quinta feira en Paquistán polo roubo electoral. (Foto: Hussain Ali / Europa Press / Contacto)
photo_camera Protesta do PTI a quinta feira en Paquistán polo roubo electoral. (Foto: Hussain Ali / Europa Press / Contacto)
Comentarios