O presidente de Asturias: "Entre o Navia e o Eo non se fala galego"

O presidente de Asturias, Adrián Barbón, provocou polémica nas redes sociais tras unha publicación na súa conta de X (antiga Twitter) en que asegura que entre o Navia e o Eo “non se fala galego”. Asegura que nesa zona o que se pode escoitar é “fala eonaviega”.

 Na súa mensaxe, o presidente asturiano tamén indicou que “dá gusto escoitar a xente deses concellos falala con naturalidade, pois é a súa lingua materna”. Unhas declaracións que múltiples expertos entre os que se encontran o catedrático de Filoloxía, Xosé-Henrique Costas refutan.

O presidente de Asturias, Adrián Barbón (Foto: Armando Álvarez).
photo_camera O presidente de Asturias, Adrián Barbón (Foto: Armando Álvarez).
Comentarios