Persoal de Correos exixe a actualización do pagamento pola quilometraxe no reparto

Persoal de Correos e representantes da CIG concentráronse esta quinta feira en Compostela para demandar o pagamento pendente do aumento das retribucións pola achega do vehículo propio para facer o reparto de correspondencia, especialmente no rural. Desde xullo, o Goberno estatal acordou subir a indemnización por quilometraxe de 19 a 26 céntimos. Porén, denunciaron, "Correos nin actualizou este concepto nin tampouco pagou os atrasos desde xullo".
Protesta do persoal de Correos, esta quinta feira en Santiago de Compostela (Foto: Nós Diario).
photo_camera Protesta do persoal de Correos, esta quinta feira en Santiago de Compostela (Foto: Nós Diario).
Comentarios