Hungría traslada á OTAN que non freará a adhesión de Suecia logo do aval turco

Menos de 24 horas despois de que o lexislativo turco ratificara a entrada de Suecia na Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN), o primeiro ministro húngaro, o ultradereitista Viktor Orbán, garantiu hoxe ao secretario xeral da alianza militar liderada polos Estados Unidos, Jens Stoltenberg, a súa disposición a dar luz verde ao acceso de Estocolmo, que só fica pendente da aprobación do Parlamento de Hungría.

Jens Stoltenberg e Viktor Orbán nunha reunión en 2023. (Foto: Celestino Arce / Zuma Press / Contactophoto)
photo_camera Jens Stoltenberg e Viktor Orbán nunha reunión en 2023. (Foto: Celestino Arce / Zuma Press / Contactophoto)
Comentarios