A Fiscalía Xeral do Perú denuncia no Congreso a mandataria polas mortes nas manifestacións

Patricia Benavides, fiscal xeral do Perú, demandou a presidenta Dina Boluarte no lexislativo como presunta responsábel dos asasinatos de arredor de 50 persoas nas protestas na súa contra. A demanda chega cando Benavides -chave na ofensiva xudicial contra o deposto presidente Pedro Castillo que levou ao poder Boluarte co apoio da ultradereita- está acusada de liderar unha rede criminal na Fiscalía, informou na madrugada de hoxe a axencia AFP.

Dina Boluarte, líder do Perú tras a destitución de Pedro Castillo. (Foto: Presidencia do Perú / DPA)
photo_camera Dina Boluarte, líder do Perú tras a destitución de Pedro Castillo. (Foto: Presidencia do Perú / DPA)
Comentarios