Extinguido un incendio en Barreiros após queimar menos dunha hectárea e obrigar a cortar unha estrada

Un incendio forestal declarado esta terza feira no municipio de Barreiros (A Mariña) quedou extinguido contra as 17.28 horas, logo de queimar 0,86 hectáreas. O fogo, precisaron fontes do Goberno galego, declarouse na parroquia de San Cosme de Barreiros ás 13.13 horas e quedou extinguido unhas catro horas despois. Nas tarefas para apagar o lume participaron sete motobombas, seis brigadas e tres axentes, alén de efectivos municipais e bombeiros comarcais. O incendio, sinalaron desde o Concello de Barreiros, orbigou a cortar a estrada que vai desde o Hotel Rías Altas (San Pedro) até a rotonda de Barreiras (Cabarco), á altura do quilómetro 3, no acceso á Fraga do Santo Estevo.
Operarios traballando na extinción e control do incendio de Barreiros. (Foto: Europa Press)
photo_camera Operarios traballando na extinción e control do incendio de Barreiros. (Foto: Europa Press)
Comentarios