'O Corno' de Jaione Camborda, nominado aos Premios Feroz

Os Premios Feroz 2024, que terán lugar o 26 de xaneiro en Madrid, completaron esta quinta feira a súa lista de nomeados con dez títulos que compiten polo Feroz Arrebato de ficción e de non ficción, dúas categorías que buscan recoñecer aquelas obras con especiais logros artísticos e achegas innovadoras nos seus respectivos campos. Na categoría de Feroz Arrebato de non ficción, o xurado nomeou o filme galego O corno, de Jaione Camborda; así como La imatge permanent, de Laura Ferrés. O filme de Camborda acumula así máis unha nominación ás múltiples que vén recibindo.

Janet Novas interpreta María en 'O corno', unha muller que gaña a vida mariscando. (Foto: Elástica Films)
photo_camera Janet Novas interpreta María en 'O corno', unha muller que gaña a vida mariscando. (Foto: Elástica Films)
Comentarios