star
Entrevistas
Sagrario Abelleira: "A luz de Rosalía é inmensa. Cando te achegas a ela, irrádiate"
18/feb./22
O seu descubrimento deita unha nova luz sobre a vida de Rosalía de Castro. Sagrario Abelleira vén de atopar o expediente matrimonial da autora, que confirma que a verdadeira data do seu nacemento é o 23 de febreiro de 1837. Iso cambia a celebración do Día de Rosalía, mais tamén rompe algúns mitos que se repetían de forma acrítica -como que a súa nai, Teresa de Castro, a abandonara- e abre novas vías de investigación sobre a autora.