Roberto Pascual

O profesor e director da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, Roberto Pascual (Foto: Nós Diario).
CULTURA

Roberto Pascual: "Traslado que tipo de país, de nación, queremos construír na Galiza con estas diversidades"

Roberto Pascual, profesor na ESAD da Galiza e director da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, vén de presentar 'Sophie non é o meu nome de guerra', a obra coa que gañou o Premio Rafael Dieste da Deputación da Coruña en 2021. A peza, escrita para ser interpretada por dúas actrices, trata a historia dunha muller migrante, a riqueza das culturas de África e o tráfico de persoas cara Europa.