prisión

O xornalista Pablo González, nunha fábrica na localidade ucraína de Dnipro. (Foto: @PabVis/Twitter)
INTERNACIONAL

A xustiza polaca rexeita a apelación do xornalista Pablo González, que seguirá en prisión

O correspondente leva xa catro meses incomunicado nun cárcere de Polonia.
Concentración diante do xulgado de Vixilancia Penitenciaria da Coruña o pasado 31 de maio. (Fotos: Nós Diario).
SOCIAL

As alternativas á prisión fican afastadas da poboación reclusa

Familias de persoas presas urxen a centros e xulgados de vixilancia penitenciaria darlle prioridade a medidas alternativas ao cárcere, que alenten a reinserción en réxime de semiliberdade ao amparo da lei. Segundo denuncian, están a dárlle preferencia ao "castigo" no canto de aplicar a norma de forma máis flexible en casos de boa conduta asociada a delitos non violentos.

O xornalista Pablo González, nunha fábrica na localidade ucraína de Dnipro. (Foto: @PabVis)
INTERNACIONAL

Sen noticias de Pablo González case tres meses despois de ser detido

O xornalista está acusado dun presunto delito de espionaxe contra o Estado polaco. O seu avogado, Gonzalo Boye, e a muller, Oihana Goiriena, non saben practicamente nada del nin do seu estado.
Altar creado na honra do mozo Samuel Luiz, en xullo de 2021. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
SOCIAL

A Audiencia mantén a prisión provisional para un dos investigados polo crime de Samuel Luiz

Os maxistrados entenden que as probas presentadas vinculan o investigado co ataque que provocou a morte do mozo.
En 2019 faleceron tres presos na prisión de Teixeiro, no municipio de Curtis (Imaxe: Nós Diario).
SOCIAL

A nova vaga de coronavirus, “escusa” para recortar dereitos das persoas presas

Esculca e Abaixo os Muros! informan que, máis unha vez, os vis-à-vis ficaron interrompidos nos cárceres galegos agás, por agora, no penal de Bonxe

Maus tempos para a lírica

Unha persoa no espazo no que foi asasinato Samuel. (Foto: M. Dylan / Europa Press) #samuel #samuelluiz #crime #asasinato #acoruña #senegal #inmigración #residencia
SOCIAL

A Audiencia mantén a prisión provisional para un dos investigados polo crime de Samuel Luiz

Os maxistrados entenden que a medida é "necesaria e proporcionada" pola gravidade dos feitos e a pena de prisión á que se podería enfrontar, ademais de advertir risco de fuga e de alteración de probas.

Detalle dun dos corpos localizados nas tarefas de busca.  (Foto: Cedida polo Instituto Navarro de la Memoria).
star
Reportaxes

A fuga dos galegos

O penal de San Cristóbal foi, tras a guerra civil, un inferno para centos de galegos que sufriron a represión franquista. A situación era tan terríbel que moitos deles decidiron participar na grande evasión do forte do navarro monte Ezkaba. O resultado: 55 deles foron asasinados cando os vixiantes os atoparon vagando de noite, famélicos e descalzos. De moitos nunca máis se soubo. Agora, acábase de identificar o primeiro galego nunha foxa común da zona.
Imaxe no exterior da prisión da Lama. (Foto: Elena Buch)
SOCIAL

Reclusos da prisión da Lama inician protestas pola suspensión das visitas familiares

A entidade De abaixo os muros denuncia esta "nova suspensión dos vises" que lles trasladaron achegados dos presos. Estes están a facer "días illados de folgas de fame como protesta".
Un dos arrestados é levado a declarar por un axente. (Foto: M. Dylan / Europa Press) #crime #samuel #samuelluiz #acoruña #asasinato #lgtb #lgtbqi #lgtbqi+
SOCIAL

Decretan prisión para os tres varóns acusados do asasinato de Samuel mentres a muller fica libre

A xuíza considera que os catro sospeitosos maiores de idade -na sexta feira quedaron arrestados dous rapaces menores- puideron cometer un delito de homicidio ou asasinato, aínda por aclarar. Un dos menores xa pasou a disposición do fiscal e está previsto que nas próximas horas suceda o mesmo co outro mozo. De feito, transcendeu que a Fiscalía pedirá ao xulgado de garda o internamento dos dous nun centro de menores.

Sedición? Non, desobediencia civil

(des)informaçom

Iñaki Urdangarion foto europa press
INTERNACIONAL

Terceiro grao para Iñaki Urdangarin

Poderá saír do cárcere para traballar, e só terá que volver para durmir

En 2019 faleceron tres presos na prisión de Teixeiro, no municipio de Curtis (Imaxe: Nós Diario).
SOCIAL

Esculca: "As cifras das mortes son unha das manifestacións máis duras da realidade do sistema penitenciario"

Institucións Penitenciarias informa de que na Galiza perderon a súa vida na cadea 14 persoas; 194 en todo o Estado. Esculca lembra que desde 2003 é posíbel demandar a transferencia das competencias en atención sanitaria nos penais.
En 2019 faleceron tres presos na prisión de Teixeiro, no municipio de Curtis (Imaxe: Nós Diario).
SOCIAL

«A prisión non pode ser unha condena a morte»

O Colexio da Avogacía de Ourense e a Comisión de Asesoramento Xurídico Penitenciario deste organismo amosan a súa preocupación polo aumento de mortes en prisión. Piden a investigación «dilixente» de todas as denuncias por tratos inhumanos ou degradantes máis todas e cada unha das mortes que se producen no contorno penitenciario.
2019110815192170543
Brasil

A defensa de Lula pedirá esta sexta feira a súa liberdade inmediata

A solicitude de excarceración do líder do Partido dos Traballadores baséase na decisión adoptada esta quinta feira, 7 de novembro, polo Tribunal Supremo.

2019102319144817450
SOCIAL

Marcha á cadea de Teixeiro

Ceivar e outros colectivos convocan o domingo 27 de outubro a marcha á cadea de Teixeiro (Curtis).
En 2019 faleceron tres presos na prisión de Teixeiro, no municipio de Curtis (Imaxe: Nós Diario).
SOCIAL

Debate sobre a situación das mulleres en prisión

Esta cuarta feira na Casa do Matadoiro de Compostela, organizada por Esculca.

FOTO CARCERE
Discapacidade e presidio na Galiza

Presas con discapacidade: duplo cativerio

Son persoas con discapacidade xulgadas e condenadas a unha pena de prisión. Comparten módulos e un réxime interno de carácter disciplinario moi estrito que malia todo busca a rehabilitación das reclusas e reclusos en igualdade de condicións e oportunidades. No seu caso a realidade debuxa un escenario inzado de límites. No acceso á xustiza, á sanidade, ás comunicacións. Son máis vulnerábeis e teñen dificultades engadidas á hora de exerceren e de reclamaren os seus dereitos. Contan con persoal de apoio dentro e fóra da cadea, pero non abonda. Eis un extracto da reportaxe, publicada no número 332 de Sermos Galiza.

Ángel María Villar, presidente da Real Federación de Fútbol Española
DEPORTES

Anticorrupción pede prisión incondicional para Villar por ter detraído por volta de 45 millóns

A trama de corrupción orquestrada polo presidente da Federación Española de Fútbol tería producido perdas patrimoniais ás arcas da entidade por un monto aproximado aos 45 millóns de euros.