star
Reportaxes
Picasso na cidade de cristal e auga. As lavandeiras como fonte de inspiración do pintor
05/maio/23
Un dos cadros máis importantes do século XX semella un cristal roto en mil anacos. Son mulleres dos estratos máis baixos da sociedade que un enfant terrible da pintura quixo quebrar. Unha década antes, ese mesmo rapaz era aclamado nunha cidade galega como neno prodixio. Efectivamente érao, un dos primeiros alumnos que tivo a nova escola de Belas Artes da Coruña. A cidade estaba cambiando, configurado esa estética de cristal que hoxe a caracteriza. A última infancia de Picasso, o alumno avantaxado, foi testemuña dos cambios e das permanencias que as clases populares vivían nunha cidade feita de cristal e auga.