Oliver Laxe

Fotograma de Mimosas
Que facer?

Que facer esta fin de semana

Oliver Laxe, o galardoado cineasta galego, estará este sábado no Teatro Principal para estrear na Galiza o seu premiado filme, Mimosas. O sábado, FEST-NOZ, foliada bretoa con música e danza tradicionais, sidra e doce típico.

Cinema

Oliver Laxe, Premio Cidade de Ourense do 21ºOUFF

O cineasta Oliver Laxe, fillo de emigrantes galegos nado en París en 1982, é o Premio Cidade de Ourense da vixésimo primeira edición do OUFF, un recoñecemento ao seu labor de creación e ao espallamento do cinema galego alén do país.

mimosas
CULTURA

'Mimosas', de Oliver Laxe, opta a mellor filme europeo do ano e estréase en Francia

O filme dirixido polo galego-francés Oliver Laxe atópase na lista de 50 títulos recomendados para seren nomeados aos Premios de Cinema Europeo. Seica é unha das favoritas e, ademais, hoxe cuarta feira, estréase en 37 salas de Francia. 

Oliver Laxe
OLIVER LAXE, CINEASTA

“Sós ante o imperio non se pode facer nada”

Falamos con Oliver Laxe logo de gañar o Gran Premio da Semana da Crítica de Cannes, que o sitúa oficialmente como promesa mundial do cinema de autor. Cóntanos desde Tánxer, onde vive desde hai anos, a súa forma de ver o mundo e o cinema, o seu novo proxecto sobre identidade en Galiza, nos Ancares, que vai máis alá da sétima arte “porque teño moita necesidade de volver e de seguir enraizándome”. 

CULTURA

Oliver Laxe gaña o premio da Semana da Crítica en Cannes

Outra boa nova que nos trae o Novo Cinema Galego. O director galego Oliver Laxe vén de acadar o primeiro premio (Grand Prix Nespresso ) da 55ª edición da Semana da Crítica do Festival de Cannes 2016 coa súa segunda longametraxe, 'Mimosas', un filme rodado en Marrocos.