Que facer?

Que facer esta fin de semana

Oliver Laxe, o galardoado cineasta galego, estará este sábado no Teatro Principal para estrear na Galiza o seu premiado filme, Mimosas. O sábado, FEST-NOZ, foliada bretoa con música e danza tradicionais, sidra e doce típico.

Fotograma de Mimosas

Sexta feira

Cineuropa 

Santiago de Compostela

Até 27 de novembro

O festival Cineuropa cumpre tres décadas acompañado do mellor cine, dando exhibición este ano a máis de 200 filmes e incluíndo por vez primeira no Estado español películas que a censura franquista prohibiu no seu momento. Nesta sexta feira, 11 de novembro, o cineasta Oliver Laxe estará no Teatro Principal, ás 20.00h, para estrear na Galiza o seu premiado filme, Mimosas

Sábado

Mañás conscientes

Carballo

Biblioteca Rego da Balsa

10-13.00h

Unha proposta alternativa para toda a familia con actividades como aulas de ioga, obradoiros de percusión, poesía e música. Diferentes disciplinas destinadas a axudar ás persoas e mellorar no día a día. Todas as actividades son de balde previa inscrición. 

FEST-NOZ, a foliada bretoa

Santiago de Compostela

Nave de Vidán 

18.00h

A Agrupación Cultural O Galo propón un serán de música bretoa en directo con agrupacións musicais como Tis Che Tein, Carricobanda... Ademais, contarán con obradoiros de baile e danzas tradicionais como gavotte, an dro, laride, cercle circassien, scotish... Sidra e doce típico!

A praia dos afogados

Mos

Auditorio Fundación Pazo de Mos

22.15h

Proxección do filme galego de drama e suspense, onde o cadáver dun mariñeiro coas mans atadas é arrastrado pola marea até unha praia. 

Os da ría íntimos

Cervo 

Sala O Muíño

00.30h 

Espectáculo humorístico- musical con temas clásicos do grupo, unha hora na que Os da Ría miran ao pasado e á actualidade do país. 

Domingo 

Ale-hop

Pontevedra

Auditorio Municipal

18:00

Espectáculo infantil de danza moderna, hip hop e teatro a cargo da compañía As Dríadas, recomendado para crianzas a partir dos cinco anos.

Falar sen cancelas

San Sadurniño

Casa da Cultura

19-20.30h

Teatro protagonizado por Fran Rei, Pedro Brandariz e Isa Risco cruzando monólogos, humor e comedia, coa palabra como gran protagonista.

Exposición

Pontevedra

Sede Afundación de Pontevedra

Exposición centrada na obra de Francisco Leiro (Cambados, 1957), un dos artistas galegos máis internacionais, onde se recolle o proceso creativo do artista en Cambados, Madrid e Nova York. Inclúense esculturas e traballos en papel e, para complementar, un documental, Sísifo Confuso. Traballos e días de Francisco Leiro, escrito e dirixido por Aser Álvarez.

Mostra de Teatro de Malpica

Malpica

Centro Cívico

Até 02.12.2016

Os espectáculos galegos máis laureados serán os protagonistas desta nova edición, o mellor da escena galega ao longo de varias semanas. 

Comentarios