Nicolás Maduro

INTERNACIONAL

Venezuela respecta a última petición de Chávez: Maduro asome a presidencia do país

Unha sentenza do Supremo ditada en xaneiro permite a Maduro cumprir unha das últimas vontades do líder bolivariano malia á constitución. En 30 días haberá eleccións
INTERNACIONAL

Maduro di ter dados de que a enfermidade de Chávez foi provocada polos "inimigos" de Venezuela

Cimeira de urxencia do directorio político-militar do movemento bolivariano no poder en Venezuela. Nicolás Maduro, vicepresidente, alertou o país de que a dereita venezolana conspira para provocar o caos e criar o caldo de cultivo que xustificase unha intervención estranxeira. Chamou a unha mobilización total das clases populares contra "os sectores anti-patria" que, dixo, intrigan para derrocar a Revolución. Maduro dixo ter dados de que a enfermidade de Chávez foi provocada polos "inimigos" de Venezuela. Vídeo no interior.