negociacións

As instalacións de Alcoa en San Cibrao, no municipio de Cervo, na comarca da Mariña (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
star
ECONOMÍA

Alcoa anuncia contactos para a venda da factoría: as centrais sindicais requiren máis información

O Ministerio español de Industria anunciou esta terza feira que a reunión de seguimento da actividade en Alcoa terá lugar o vindeiro 4 de abril, un comunicado que coincidiu co anuncio da multinacional de que está a "iniciar contactos con potenciais compradores" do complexo industrial de San Cibrao. O comité de empresa critica "unha forma de actuar pouco seria por parte da compañía".