CULTURA
Falece Moncho Rodríguez, pioneiro do teatro galego
30/xan./23
Moncho Rodríguez, figura fundamental da historia do teatro galego contemporáneo, faleceu en San Salvador de Baía, no Brasil. Malia que desenvolveu a maior parte da súa traxectoria en Portugal, non se debe esquecer o seu papel en iniciativas que tiveron unha enorme importancia na profesionalización do teatro da Galiza.