Moncho Reboiras

[Imaxe: SG] Alberte Mera
Alberte Mera, director de cinema

“A película non é de aventuras, é un documentario fiel sobre quen foi Reboiras”

Alberte Mera (Vigo, 1987) é o director de Reboiras. Acción e corazón, o filme producido pola Fundación Terra e Tempo de Estudos Nacionalistas que levará á pantalla a vida de Moncho Reboiras desde a vertente humana e política. Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, Mera é o director das curtas Camiño da Memoria (2011) e Deixádeas Pasar (2012) e das longas Clamor da Terra (2012) e Lume Novo (2013). Aproveitamos este 12 de agosto -cando se fan 44 anos do asasinato de Reboiras- para publicar a entrevista co director da película, que saíu no semanario en papel Sermos Galiza número 358.

Moncho Reboiras
Axenda de actos na súa homenaxe

A memoria de Reboiras, máis presente que nunca este 12 de agosto

No 44 aniversario do seu asasinato a mans da policía franquista, o dirixente da UPG Moncho Reboiras vai ser obxecto de varios actos en tributo á súa memoria a vindeira segunda feira 12 de agosto.
Rodaxe Reboiras. Acción e corazón
SOCIAL

Comeza a rodaxe do filme sobre Reboiras coa entrevista a Elvira Souto e a Lois Ríos

Arrancan os traballos de filmación da película que en 2020 levará á pantalla a vida de Moncho Reboiras. O equipo comezou coa gravación da primeira das entrevistas. Unha conversa conxunta ás dúas últimas persoas que Reboiras se atopaba antes de ser asasinado: Elvira Souto e Lois Ríos.

Apresentación da campaña de micromecenado 'Reboiras. Acción e corazón'
SOCIAL

Apresentación da campaña de micromecenado 'Reboiras. Acción e corazón'

Moncho Reboiras
O obxectivo: 20 mil euros

Comeza a campaña de micromecenado para o filme de Reboiras

Na mañá do 1 de agosto deu comezo a campaña de recollida de fondos a través da rede para facer realidade o primeiro filme sobre a vida de Moncho Reboiras, a última vítima mortal da ditadura franquista na Galiza. O obxectivo da campaña que inicia a Fundación Terra e Tempo está nos 20 mil e a película estrearase en 2020, con motivo do 45 aniversario do asasinato daquel mozo de conviccións nacionalistas.

f_16-17
Longametraxe documental

Moncho Reboiras salta ao audiovisual

A longametraxe Reboiras. Acción e corazón comezará a rodarse nas vindeiras semanas e estrearase en 2020, levando a vida de Moncho Reboiras á pantalla. Testemuños de múltiples persoas que o coñeceron serán o cimento da primeira película sobre a última vítima mortal da ditadura franquista na Galiza. Eis un extracto da información publicada ao respecto no número 356 do semanario en papel Sermos Galiza.
14-08-12 Cabodano Moncho Reboiras.grande
SOCIAL

“Miña nai estremece e sofre en silencio”: Morre Generosa Noya, nai de Moncho Reboiras

O enterro é esta terza feira en Imo, San Xoán de Laíño (Dodro), no mesmo cemiterio onde está enterrado o seu fillo, asasinado en 1975 en Ferrol.

monco reboiras upg
SOCIAL

As homenaxes a Moncho Reboiras salientan a vixencia da loita por unha Galiza soberana

Diversos actos comemoraron este domingo a lembranza e vixencia do militante nacionalista, asasnado hai 43 anos en Ferrol.

Moncho Reboiras
MEMORIA E HISTORIA

Homenaxes a Moncho Reboiras no 43 aniversario do seu asasinato

Organizacións políticas e sindicais convocan diversos actos esta fin de semana en lembranza do militante nacionalista asasinado 12 de agosto de 1975 en Ferrol

O rei comparece o 23 F.
MEMORIA E HISTORIA

23 F: o programa

Un obxectivo e tres golpes. Se ben partillaban o aspecto central, isto é  defender o proceso de reforma política institucionalizado pola constitución de 1978, diverxían na metodoloxía e nos procedementos a aplicar.

mgs01
POLÍTICA

O MGS lembra a Reboiras apostando en romper co capitalismo “extractivista e colonial”

O Movemento Galego ao Socialismo (MGS) rendeu tamén homenaxe á figura de Moncho Reboiras como “militante exemplar da liberación nacional e social de Galiza”. O acto político realizado onte no cemiterio de Imo (Dodro) reuniu un cento de persoas, segundo a organización, e combinou a reivindicación, a celebración da memoria e a confraternización entre as asistentes.

UPG01
POLÍTICA

A UPG chama a “superar o marco autonómico” no seu tributo a Moncho Reboiras

O secretario xeral da UPG, Néstor Rego, defendeu a necesidade de superar “o actual marco político da Constitución e o Estatuto para podermos decidir sobre o noso de maneira soberana” e reiterou o apoio do nacionalismo galego ao proceso independentista en Catalunya.

elvira lois
Elvira Souto e Lois Ríos DIRIXENTES DA UPG NOS ANOS 70

“O momento no que matan a Moncho Reboiras é crucial para o nacionalismo"

Cando a policía rodea o apartamento de Ferrol no que está naqueles días, Moncho Reboiras atópase no interior con outras dúas persoas, militantes nacionalistas na clandestinidade coma el. Corenta anos despois do seu asasinato, Elvira Souto e Lois Ríos lémbranos aqueles días e debúxannos o retrato dunha das figuras do nacionalismo galego, asasinado o 12 de marzo de 1975. Reproducimos na íntegra a entrevista publicada no Sermos Galiza nº157.

Moncho Reboiras
SOCIAL

Homenaxes a Moncho Reboiras no 42 aniversario do seu asasinato

Organizacións políticas e sindicais convocan actos este sábado, 12 de agosto, en lembranza do militante nacionalista asasinado en 1975 en Ferrol

Nacionalismo, única garantía de mudanza real

Quero comezar por agradecer inmenso a vosa presenza hoxe aquí porque, para alén de manifestación de tributo á memoria do noso camarada asasinado, Moncho Reboiras, é tamén expresión do voso compromiso activo non apenas con este Partido, senón co nacionalismo e coa causa da liberdade da Galiza.

Acto do MGS en Dodro
Homenaxe a Reboiras

O MGS recupera o espírito de Reboiras para avanzar na liberación do país

O Movemento Galego ao Socialismo (MGS) volveu escoller Dodro como lugar para homenaxear a Moncho Reboiras. A formación lembrou que “a súa loita está viva nos militantes que seguen os ideais que inspiraron a súa vida”.

Acto da UPG en Ferrol
POLÍTICA

A UPG homenaxea a Reboiras apelando á “necesidade imperiosa de decidir sobre o noso”

A Unión do Povo Galego conmemorou un ano máis en Ferrol a figura do seu militante Moncho Reboiras, asasinado o 12 de agosto de 1975 a mans da policía española. No acto político, o secretario xeral da organización, Néstor Rego, advertiu da necesidade da auto-organización do pobo galego por ser “o que máis combate e o que máis teme o noso inimigo”.

Moncho Reboiras
POLÍTICA

Homenaxes a Moncho Reboiras no 41º aniversario do seu asasinato

Organizacións políticas e sindicais convocan actos este 12 de agosto en lembranza do militante nacionalista. 

Moncho Reboiras, paradigma de compromiso patriótico

Hoxe, como cada ano desde hai xa 40, o nome de Moncho Reboiras convócanos aquí para reafirmar o noso firme compromiso e lealdade á causa pola que deu a súa vida, a da independencia nacional da Galiza, a da construción dunha Patria libre e sen explotación.

Galizaemrede
MEMORIA E HISTORIA

Flores e música para lembrar a Reboiras

No 40º aniversario do seu asasinato distintos actos de homenaxe recordaron a figura do de Imo.