Marcha Mundial das Mulleres

A Marcha Mundial das Mulleres decidiu colectivamente non recoller o premio Meninas (Foto: Noa Presas).
SOCIAL

A Marcha Mundial das Mulleres rexeita recoller o premio Meninas

O colectivo feminista considera que as institucións deben implicarse na loita contra a violencia machista.
Un intre do Encontro Nacional da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza. (Foto: Noa Presas)
SOCIAL

A Marcha Mundial das Mulleres na Galiza aposta por un 8-M máis combativo

O Encontro Nacional da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza acorda orientar o traballo cara a conquista de medidas concretas a través de accións máis incisivas e combativas.
Ximena González o 8-M de 2020 en Ourense (Foto: Sara Garchi).
SOCIAL

Ximena González, activista: "A xustiza patriarcal é un elemento central na reprodución da violencia"

Ximena González (Bos Aires, 1979) é activista da Marcha Mundial das Mulleres, un movemento internacional á procura dunha transformación radical da sociedade, en chave feminista e anticapitalista. Este 20 de novembro a coordinadora galega da Marcha desenvolve na Estrada o seu encontro nacional.
mobilizacion feminista compostela
SOCIAL

A Marcha Mundial das Mulleres convoca un Encontro Nacional na Estrada

Baixo o lema 'Feminismo para transformar a vida', terá lugar o vindeiro 20 de novembro.
Performance durante unha manifestación feminista convocada por Galegas8M en Santiago de Compostela. (Foto: Arxina)
star
Reportaxes

Do 8-M ás asembleas de barrio

Ximena González, da Marcha Mundial das Mulleres, chama por unha organización en rede que coadxuve a transformar a realidade en diferentes planos e que cree unha axenda que teña presentes as loitas concretas. 
Manifestantes na marcha do Día da Muller, o pasado 8 de marzo, en Compostela (Foto: Arxina).
star
Malia un leve descenso houbo máis de 4.600 denuncias en 2020

A pandemia condiciona a caída das denuncias por violencia machista: hai maior "dependencia"

En 2020 formuláronse na Galiza 370 denuncias por violencia machista menos que no ano anterior. Tamén minguaron en 408 as medidas de protección ditadas pola Xustiza para as vítimas. Porén, tendo en consideración as circunstancias extraordinarias derivadas da pandemia e o confinamento domiciliario, reflicten estas cifras a realidade? 'Nós Diario' debulla con persoas expertas os datos que avanzou a Consellaría de Emprego e Igualdade nesta terza feira sobre o Informe Anual de Violencia Machista 2020, que nas vindeiras datas será debatido no Parlamento galego.
mural
SOCIAL

Atacan o mural da Gran Vía de Vigo que homenaxeaba 7 ‘pioneiras’ da loita das mulleres pola igualdade

Marcha Mundial das Mulleres fala de “misoxinia, machismo e fascismo”

"Estamos fartas de que nos violenten", reza o lema da Marcha Mundial das Mulleres que acompaña esta imaxe.
SOCIAL

Denuncian un episodio de violencia machista no programa 'Land Rober Tunai Show' da TVG

O movemento feminista galego censura nas redes sociais o programa da televisión pública 'Land Rober Tunai Show' polo episodio de violencia ao que someteu unha muller na emisión desta pasada quinta feira ao favorecer que se encontrase cun ex-compañeiro baixo a premisa de "facer triunfar o amor" malia afirmar desde o primeiro que non ía volver con el.
Acción en Verín polo 25N (Imaxe: Marcha Mundial das Mulleres).
SOCIAL

2020, o ano que puxo en evidencia a necesidade e fraxilidade dos coidados

A Marcha Mundial das Mulleres encara 2021 coa vontade de seguir na rúa. "Organizarse politicamente tamén é unha actividade esencial", asegura Ximena González. 
marchamundialdasmulleres3
En contra da violencia machista

O feminismo sairá á rúa tamén este ano

A Coordenadora da Marcha Mundial das Mulleres mantén activa a convocatoria á mobilización o 25 de novembro.
Mostra MMM (Foto de Val Miñor TV)
SOCIAL

O PP de Baiona esixe a retirada dunha exposición feminista: “En nada beneficia ás mulleres”

A Marcha Mundial das Mulleres, que coorganiza a mostra Corpos, feminismos e territorios, que se exhibe na entrada ao Concello, denuncia “censura”.

MMM marcha mundial mulleres
SOCIAL

A Marcha Mundial das Mulleres convida a sumarse mañá a unha acción feminista colectiva

A Marcha Mundial das Mulleres anima as galegas a sumarse á acción convocada para mañá a nivel global para denunciar o papel das empresas transnacionais na explotación dos territorios e das vidas.
concentracion feminista arxina
SOCIAL

Un "berro conxunto" contra o machismo

O de Clara Expósito, a muller que apareceu degolada a fin de semana na súa casa de Lugo, é o asasinato machista número 64 que se produce na Galiza desde que hai rexistro. Plataformas feministas e cidadanía non organizada mobilizáronse onte para reclamar "medidas reais" que impidan que esa cifra siga aumentando. 
Nais, matronas e veciñas protestan contra antes as portas do CHUO contra o traslado do servizo de partos desde Verín (Imaxe: Marcha Mundial das Mulleres)
SOCIAL

“O parto é noso”, mulleres contra o feche do paridoiro en Verín

Nesta sexta feira concentráronse ante as portas do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) nais, matronas e integrantes da Marcha Mundial das Mulleres para reclamar a reversión do traslado do servizo de partos do Hospital de Verín. Baixo o lema “O rural non se pecha e os dereitos das nais non se recortan” sinalaron a Xunta como responsábel dos recortes.
Mobilización contra a violencia machista
SOCIAL

MMM denuncia o desmantelamento das políticas de igualdade do Concello de Ourense

A Coordinadora Local da Marcha Mundial das Mulleres anuncia a mobilización dos colectivos feministas da cidade en sinal de protesta pola improvisación e o desleixo das políticas de igualdade do Concello de Ourense. Terá lugar esta sexta feira ás 19 horas na Praza Maior.
aborto
28-S

O feminismo galego reivindica o acceso ao aborto legal e seguro

O 28 de setembro é o Día de Acción Global polo Acceso ao Aborto Legal e Seguro e, con este motivo, a Coordinadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres reivindica a necesidade de facer efectivo o dereito conquistado coa Lei de interrupción voluntaria do embarazo.

Concentración esta tarde en Valga.
MILES DE PERSOAS NAS MOBILIZACIÓNS FEMINISTAS CONTRA O ASASINATO DE VALGA

“O tempo de pedir xestos rematou, é momento de conquistar realidades”

Miles de persoas acoden ás convocatorias para rexeitar a violencia machista e render unha homenaxe ás tres vítimas de Valga. As feministas esixen “medidas contundentes e reais, recursos e orzamentos” para combater a violencia. "Esta mobilización demostra que o feminismo galego está un paso por diante e reclama con forza accións concretas e que as administracións se responsabilicen de vez", dixo unha portavoz da Marcha Mundial das Mulleres ao final dunha xornada na que houbo más de medio cento de mobilizacións. 
violencia machista
SOCIAL

O feminismo galego convoca concentracións para esta cuarta feira

O feminismo galego convoca para esta cuarta feira, día 18, concentracións en vilas e cidades galegas como denuncia e rexeitamento do triplo asasinato machista de Valga.
pgfeminismos
Convoca concentracións esta sexta feira co lema "Degolar non é asistir, é asasinar"

O feminismo reacciona fronte ao novo crime machista

Convoca a Marcha Mundial das Mulleres en 11 localidades do país.

marielle franco
Esta terza en Ourense e Compostela, a cuarta na Coruña

Marcha Mundial das Mulleres convoca concentracións en repulsa polo asasinato de Marielle Franco

A Marcha Mundial das Mulleres convoca concentracións esta terza feira en Ourense e Compostela -e a cuarta feira, na Coruña- para expresar a súa indignación perante o asasinato da activista feminista brasileira Marielle Franco.