madeira

A casa do Taberneiro (Foto: Luís Díaz Díaz).
star
Reportaxes

Arrokabe: tocar madeira

Resulta paradoxal que moitas arquitectas vexan a madeira como un dos materiais do futuro, cando se leva usando desde sempre. Na construción tradicional era moi empregada, presente en tellados, vigas, portas, fiestras ou pisos. A industrialización fixo que se fose substituíndo por aluminio, aceiro, formigón ou plástico. Na actualidade, coas novas tecnoloxías aplicadas ao material e aos derivados, está a recuperar o protagonismo perdido.
Francisco Leiro (Foto: Nós Diario).
star
Entrevistas

Francisco Leiro: ollar os corpos

A súa obra circula polos museos e galerías de todo o mundo, pero el permanece chantado no lugar de onde procede traballando a madeira e a pedra para dar conta da súa mirada sobre o mundo. Francisco Leiro (Cambados, 1957) fálanos de como aborda esta etapa de confinamento, de como o corpo articula a súa linguaxe e de como a fraxilidade do corpo dá lugar a iso que chamamos arte. "No mundo de Leiro, a postura do corpo é a metáfora das ideas", escribiu Miguel Anxo Murado. Para observar esas ideas, cómpre educar o ollo e abrirse ao que os seus personaxes nos contan. 
A asociación ecoloxista Arco Iris denunciou os "destrozos" provocados polo paso de maquinaria para a corta de madeira na contorna do Castro de Baroña (Imaxe: Arco Iris)
SOCIAL

Denuncian o destrozo por maquinaria forestal dun camiño tradicional ao castro de Baroña

O Concello de Porto do Son informou nas súas redes de que os feitos foron postos en coñecemento da Dirección Xeral de Patrimonio.
Claustro de Tui
CULTURA

“Música no Claustro” conmemora en Tui a súa décima edición “tocando madeira”

O festival “Música no Claustro” celebra a súa décima edición dos días 6 ao 10 con concertos, exposicións e actividades paralelas. 

Cé Tomé
CULTURA

Cen collages de Cé Tomé para “Tocar Madeira” en Vigo

Cen collages que mostran o seu traballo cre-tivo de 25 anos nunha inmensa parede de 400 metros. “Tocar Madera” é o titulo da exposición que o artista Cé Tomé abre na galería A Nave de Vigo este sábado día 5 ás 18 horas. 

Como a couza fai coa madeira

Un venres coma todos os outros venres, un venres que era igual ao luns e ao xoves, e tamén ao domingo, no mes de xuño deste ano, Fran P. Lorenzo escribiu isto sobre Todos os días, a última novela de Alberto Ramos, Premio Vicente Risco de Creación Literaria: