investidura

pedro sánchez pablo iglesias
O debate da investidura

Sánchez di agora que racha con Podemos, a quen coloca no mesmo plano que Vox

Se isto é unha partida de póker, este ten o aspecto de ser o penúltimo farol. O presidente do Goberno español en funcións, Pedro Sánchez, declarou esta segunda feira que o seu homólogo de Podemos, Pablo Iglesias, rachou facticamente as negociacións para a investidura ao convocar unha consulta das súas bases que cualificou de "mascarada". Para Sánchez, a formación morada xa tería decidido votar "non á investidura con Vox".

pedro sánchez pablo iglesias
INTERNACIONAL

A quinta xuntanza entre Sánchez e Iglesias remata en ruptura

O fracaso da primeira investidura do presidente do Goberno español parece cada día máis difícil de evitar. A quinta xuntanza entre o presidente en funcións Pedro Sánchez e o líder de Podemos Pablo Iglesias rematou no mediodía desta terza feira con ruptura. O PSOE adivirte á formación de esquerdas: ou investidura en xullo ou “non haberá segunda oportunidade”.

pablo casado pedro sanchez la moncloa
Cronograma

O debate para investir Sánchez presidente será o 22 e 23 de xullo

O día 22 e o día 23 deste mes son as datas elixidas para que teña lugar o debate de investidura do presidente do Goberno español en funcións e candidato do PSOE á reelección, Pedro Sánchez.

Paul Church
INTERNACIONAL

Iglesias ve a investidura en setembro após un asalto falido en xullo

Reunión do líder de Podemos co seu grupo parlamentar no Congreso. Algunhas cartas sobre a mesa, obviamente non todas. Unha mensaxe básica: non hai opción distinta á de formar un goberno de coalición co PSOE. Se Sánchez vai en xullo á investidura sen fechar un acordo previo non terá os votos de UP e debería ir a unha segunda volta.

pedro sánchez pablo iglesias
O máis probábel é que o líder morado fique fóra do gabinete

A presenza de Iglesias no Consello de Ministros, a clave das negociacións Podemos-PSOE

As conversas teñen un certo ar de escenificación de partida de póker de final incerto, mais a clave está en se Iglesias fará parte ou non do "goberno de cooperación", a fórmula eufemismo acuñada pola fábrica Iván Redondo, o spin doctor de Sánchez, para se referir ao que en todo o orbe político se denomina goberno de coalición.

ERC
INTERNACIONAL

Rufián descarta liñas vermellas e deixa ver que ERC podería viabilizar a investidura de Sánchez

Mudanza sustancial no ton de ERC. Se na tramitación dos orzamentos cuxa caída precipitou o adianto electoral, a formación republicana ligaba o seu voto afirmativo á situación dos presos políticos, nos primeiros compases da negociación da investidura de Sánchez a impresión é que non haberá liñas vermellas. "Non vimos coa intención de bloquear absolutamente nada", dixo Gabriel Rufián aos medios após terse visto coa portavoz socialista Adriana Lastra.

cup
INTERNACIONAL

A abstención da CUP impide que Turull se apresente ante Llarena como president da Generalitat

Non haberá comparecencia esta sexta feira do president da Generalitat perante o xuíz Llarena. Jordi Turull non disporá hoxe dos votos precisos para saír eleito titular do Govern catalá. A súa candidatura non conseguiu o apoio da CUP. Turull aparecerá perante o maxistrado do Supremo como un parlamentar máis. Llarena podería mesmo envialo a prisión.

Puigdemont en Bélxica
INTERNACIONAL

JXCat ofrece á CUP unha cuestión de confianza no ecuador do mandato para facilitar a investidura

Novo momento en Catalunya para tratar de desbloquear a investidura. Desta vez, Junts per Catalunya ofrécelle á CUP unha cuestión de confianza no medio da lexislatura a cambio do seu apoio para investir president da Generalitat.

Tribunal Constitucional
INTERNACIONAL

Moncloa mantén o recurso perante o TC a pesar do ditame desfavorábel do Consello de Estado

Fontes do Goberno afirmaron na noite da quinta feira que o Consello de Ministros aprobará o recurso. Nen sequer é seguro que o TC o vaia admitir a trámite.

Inquérito Sermos

Que debería facer Carles Puigdemont?

Acto no Obradoiro

Feijóo di que España terá “un aliado fiel” no seu Goberno

Volveron as gaitas ao Obradoiro para conmemorar a toma de posesión dun presidente galego. Na súa terceira investidura, Alberto Núñez Feijóo encomendou Galiza ao Apóstolo e, cun discurso centralista, asegurou que o país “pode e quere ser un modelo de estabilidade para España”.

Rajoy, na sesión de investidura, 27 de outubro de 2016
15 deputados e deputadas do PSOE votan en contra

Rajoy, presidente grazas ao apoio de 68 escanos do PSOE

O guión estaba escrito. Mariano Rajoy entrou na Cámara como presidente en funcións e saíu dela como novo presidente do Goberno, grazas aos votos favorábeis do seu partido, de Ciudadanos e de Coalición Canaria (sumaron 170 votos), mais, sobre todo, grazas ás 68 abstencións do PSOE. 

Pedro Sánchez PSOE
Anuncia unha xira polo Estado para recuperar o PSOE

Pedro Sánchez renuncia á acta de deputado

Pasadas as 12.30h deste sábado, Pedro Sánchez, ex secretario xeral do PSOE, comparecía perante a prensa para anunciar a súa renuncia como deputado para evitar votar na segunda sesión que investirá Mariano Rajoy como presidente do Goberno.

Alexandra
POLÍTICA

En Marea ataca o PSOE no Congreso e cualifícao de “membro de pleno direito do Partido Único"

Discurso durísimo co PSOE de Alexandra Fernández, portavoz de En Marea no Congreso. Embora as confluencias gobernen co partido socialista en concellos e comunidades autónomas, Fernández cualificou o PSOE de “integrante de pleno direito do Partido Único”.

Non serán precisas para obter o título de bachalerato

Rajoy anuncia na investidura que deixa en suspenso as reválidas da LOMCE

Primeira cesión de Rajoy para alcanzar a investidura, após as intensas mobilizacións da comunidade educativa, a última esta pasada cuarta feira. As reválidas contempladas na LOMCE fican parcialmente en suspenso. Non serán precisas para obter o título de bacharelato, mais si para acceder á Universidade.

Rajoy sempre gaña, segunda parte
POLÍTICA

Rajoy sempre gaña, segunda parte

Nova entrega do vlogue de Xosé Mexuto, após a decisión do Comité Federal de se abster no Congreso para viabilizar a investidura de Rajoy.
Rocio de Frutos. Deputada PSdeG no Congreso por Ourense.
POLÍTICA

Rocío de Frutos, deputada do PSdeG por Ourense, votará non a Rajoy

“Eu non vi a este sitio [o Congreso] para isto [para viabilizar a investidura de Rajoy”, declarou a parlamentar do PSOE á SER-Galiza.

O PSOE demite como partido de goberno

Javier Fernández, xestora do PSOE.
INTERNACIONAL

O presidente da xestora do PSOE xustifica a abstención “porque non hai alternativa”

Fin do tabú. As cartas sobre a mesa. Era evidente que se forzaron a demisión do secretario xeral non era para manter o statu quo do non a Rajoy. Andalucía falou esta segunda feira e o presidente da xestora, Javier Fernández, pronunciou esta terza a palabra. Abstención.

Eleccións papaletas urnas votacións RTVE 1
POLÍTICA

O Congreso pon en marcha esta terza feira a reforma que permitiría realizar as terceiras eleccións o 18D

O PP xoga co plano B no caso de que finalmente o Comité Federal do PSOE non avale a abstención que facilitaría a investidura de Rajoy.