hula

DENUNCIA A MESA

No Hospital de Lugo prégase silencio en 21 linguas... e ningunha delas é o galego

En inglés, francés, euskera, ruso, alemán.. e, por suposto, en español. Mais o galego non figura por ningures no cartaz posto no servizo de Hematoloxía. Denúnciao A Mesa.

Acceso principal do HULA, en Lugo. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

En risco de ficar en cadeira de rodas por un ‘via crucis’ sanitario

Unha muller de Quiroga con doenza incapacitante denuncia os cambios e retrasos “sen explicación nin xustificación” de citas.

Acceso principal do HULA, en Lugo. (Foto: Nós Diario)
Mentres tanto, hai plantas fechadas

A CIG denuncia a saturación do servizo de urxencias do HULA

É unha situación que se repite acotío: os servizos de urxencias do Hospital Universitario Lucus Augusti permanecen desbordados. A CIG-Saúde denuncia que as persoas doentes xa atendidas teñen que ficaren en camas nas propias urxencias á espera de seren ingresadas.

A LEI CHEGA AO PLENO DO PARLAMENTO APóS SER DESCAFEINADA NO TRáMITE DE EMENDAS

Colectivos da ILP do Hospital de Lugo piden que se rexeite após ser alterada polo PP

Os propios colectivos que promoveron a ILP sobre o HULA piden agora o seu rexeitamento. A lei chega esta terza feira ao Parlamento modificada polas emendas do PP, único que apoiará o texto definitivo.